21 de Marzo. Convocadas 22 mobilizacións a prol da paralización do Plan Forestal e Por un Monte Galego con Futuro

A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro, da que fai parte a FEG, convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas, unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada moratoria do eucalipto, impedindo novas plantacións mediante o reforzamento das medidas de control e vixilancia e en defensa dun monte con futuro.

A moratoria do eucalipto anunciábase escasas horas despois de se aprobar o novo Plan Forestal Galego que a Plataforma ten denunciado, de forma reiterada, que responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado.

Un plan que pon a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais e deixa de lado o interese xeral, sen contemplar a necesidade de manter unha reserva ecolóxica de hábitats naturais e garantir así os servizos ecosistémicos dos montes galegos; fomenta o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras e propón aumentar, aínda máis, a superficie ocupada por eucalipto, en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos.

Para a plataforma este plan non fai máis que agravar a situación actual, que o propio goberno galego recoñeceu co anuncio da moratoria para prohibir máis plantacións de eucaliptos.

Por iso demanda, con esta acción descentralizada que se desenvolverá en 22 localidades galegas, a devolución do novo Plan Forestal Galego ao Consello Forestal para realizar unha nova redacción axeitada ás necesidades do país e  na que poidan participar todas as organizacións relacionadas co monte e co medio rural.

ACCIÓNS DESCENTRALIZADAS

Betanzos, Praza de García Hermanos

Ferrol, diante do Edifizo Administrativo da Xunta

Santiago de Compostela, diante da sé da Presidencia da Xunta de Galiza( Praza do Obradoiro)

Melide, Xardíns do Cantón de San Roque

Lugo, diante do Edificio da Xunta de Galiza

Becerreá, diante do Concello

Chantada, Praza do Cantón

Vilalba, Praza do Templete

Ourense, diante da Delegación Provincial do Medio Rural, será ás 11 horas

Verín, diante do Concello de Verín

Xinzo de Limia, na Praza Maior

Vigo, sede da Xunta, praza da Estrela, Rúa concepción Arenal 8

Pontevedra, na Praza da Ferrería

Cangas, diante do Concello

Bueu, diante do Concello

Moaña, diante do Concello

Vilaboa, diante do Concello

Marín, diante do Concello

Vilagarcía, praza de Ravella

Cercedo-Cotobade, Praza do Concello

Tomiño, Praza do Seixo

Nigrán, Explanada de San Campio, A Ramallosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: