
O próximo venres, 26 de marzo, teremos con nós á Dra. Verónica García Redondo, que nos falará sobre as pradeira mariñas de Zostera marina, a súa importancia e o porque da súa conservación.
Verónica García é doutora en Ciencias mariñas, Tecnoloxía e Xestión pola Universidade da Coruña. A súa tese tratou sobre a biodiversidade e a conservación das pradeiras de Zostera marina no noroeste da Península Ibérica. É autora de varios artigos científicos en revistas nacionais e internacionais, entre os que destacan o primeiro traballo sobre a distribución e características das pradeiras de Zostera marina no noroeste de España e outro sobre as pradeiras mariñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais de ser coautora de dous capítulos no “Atlas de las Praderas Marinas”. Actualmente, realiza a asistencia científico-técnica no proxecto “ZOSTERA. Praderas marinas, Tesoros de Biodiversidad” desenvolto polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) co apoio da Fundación Biodiversidad.
A emisión será este venres, 26 de marzo do 2021, ás 20:00h., baixo o título “¿Son las praderas marinas un tesoro oculto?”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube: