Manifesto ecoloxista: “A ampliación da Rede Natura galega non pode agardar máis”

  • 31 colectivos ecoloxistas e naturalistas galegos reclaman a ampliación urxente e a mellora da xestión dos espazos naturais protexidos do país no Día Europeo da Rede Natura 2000.
  • O presente manifesto estará aberto a novas adhesións de entidades e colectivos ata o 4 de xuño.

Galiza, 21 de maio de 2024

Hoxe, Día Europeo da Rede Natura 2000, aproveitamos para reivindicar a protección efectiva da natureza. Porque esta rede de espazos naturais protexidos, creados ao amparo das directivas de Hábitats e de Aves, é imprescindible para que a biodiversidade europea teña unha oportunidade de futuro.

Entidades ambientalistas e particulares en toda Europa reclamamos ás administracións que apliquen todas as medidas necesarias para garantir a neutralización de impactos e a restauración de hábitats naturais en todos os espazos protexidos da Rede Natura 2000, sexan Zonas Especiais de Conservación ou Zonas de Especial Protección para as Aves.

Ademais, as entidades asinantes pedimos que se amplíe a superficie de Rede Natura 2000 no territorio terrestre galego de maneira urxente, de forma que, como mínimo, se triplique a superficie protexida antes do ano 2030. Isto suporía pasar do ridículo 12% do territorio terrestre galego protexido actualmente -na cola do estado español- ata un 36% a seis anos vista, porcentaxe que xa permitiría asegurar a conectividade de hábitats e especies de conservación prioritaria.

Con todo, esta protección debería ir da man dun correcto manexo dos espazos, apoiada en plans de xestión e unha vixilancia efectiva destas áreas protexidas. As entidades asinantes esiximos tamén que se aumente o número de efectivos encomendados a labores de xestión, vixilancia e sanción dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, e que se supervisen de xeito eficaz todas e cada unha das áreas protexidas todos os días do ano, incluíndo as situadas no mar.

Novas adhesións ata o 4 de xuño

Actualmente asinan e promovan este manifesto 31 entidades ecoloxistas e naturalistas de Galiza, mais o manifesto ficará aberto a novas adhesións de colectivos ata o vindeiro 4 de xuño, véspera do Día Mundial do Medio Ambiente.

Asinan este MANIFESTO pola ampliación da Rede Natura 2000 en territorio galego e por unha xestión e vixilancia efectivas dos espazos naturais protexidos:

  • Grupo Naturalista Hábitat
  • Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  • Federación Ecoloxista Galega (FEG)
  • Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
  • Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
  • Asociación de Naturalistas do Baixo Miño (ANABAM)
  • Amigas das Árbores Ourense
  • Asociación Treze-Catorze
  • Brexa Custodia do Territorio
  • Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA)
  • Colectivo das Pedras Galladas
  • Verdegaia
  • Ecoloxistas en Acción
  • Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”
  • Ecologistas Galego-Transmontano
  • Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES)
  • CSA Casa Colorida
  • Asociación para a Defensa da Ría (APDR)
  • Asociación RaizameVivo
  • Asociación Sociocultural Entropía
  • Fragas do Ortegal
  • Betula – Asociación para a custodia do Bosque Atlántico
  • Salvemos a Serra Martiñá
  • Comunidade de Monte Veciñal do Xalo
  • Sociedade Galega de Ornitoloxía
  • Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)
  • Comunidade de Montes Veciñais de Coruxo
  • Plataforma Turonio
  • Amigas da Terra
  • Asociación Ambiental Senda Nova
  • Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro

Deixar un comentario