A Comisión Europea continúa a investigación sobre a declaración de impacto ambiental da mina de Corcoesto.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños remitira no mes de xullo á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo o informe “Potencial mobilización de arsénico nos materiais xeolóxicos e residuos mineiros de Corcoesto: Unha revisión crítica”, que foi elaborado polos profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, Dr. David A. Rubinos, Dr. Rosa Devesa-Rey, Dr. Francisco Díaz-Fierros e a Dr. María Teresa Barral. Con base nese informe, a Plataforma solicitara ao Parlamento Europeo que procedese á revisión da declaración de impacto ambiental por vulnerar a normativa europea en materia de avaliación ambiental de proxectos, e que se instase ás autoridades sanitarias españolas a realizar os estudos epidemiolóxicos á poboación da contorna recomendados no informe científico.
528260_188837634633393_823648024_n-002
Agora, a Plataforma acaba de recibir unha comunicación na que se lle indica que a Comisión Europea incorpora o informe científico da Universidade de Santiago ao expediente de investigación que sigue en relación á declaración de impacto ambiental do proxecto mineiro, e que solicitará información ás autoridades españolas sobre as cuestións que figuran no mesmo. O obxectivo da investigación é o de garantir o pleno cumprimento da lexislación da Unión Europea en materia de medio ambiente, incluídas as disposicións da Directiva sobre residuos da minaría, da Directiva Marco sobre a Auga e da Directiva sobre hábitats, por atoparse a proxectada mina de ouro de Corcoesto a 140 metros do Lugar de Importancia Comunitaria, río Anllóns.
.
A Plataforma recorda que o informe científico da Universidade de Santiago, cuestiona de cheo o estudo de impacto ambiental realizado pola empresa mineira canadense Edgewater e bota por terra a declaración de impacto ambiental, pola total falta de rigorosidade na estimación do impacto que terá sobre a poboación a liberación dos altos contidos de arsénico existentes no solo de Corcoesto.
.
Os investigadores indican no informe, que o método empregado por Edgewater para calcular os vertidos de arsénico ao medio natural non é válido, por non ser un método de referencia na Unión Europea, e porque subestima a mobilidade real deste elemento químico altamente prexudicial para a saúde. Inciden en que non se tiveron en conta os riscos potenciais para omedioambiente e a saúde pública da poboación da comarca de Bergantiños, derivados da exposición ao arsénico que se vai liberar no caso de que se autorice a explotación da mina de ouro. Por este motivo recomendan tamén a realización de estudios epidemiolóxicos á poboación.
.
Por último, o informe científico resalta que a empresa mineira fai unha incorrecta clasificación dos residuos de lixiviación como “inertes non perigosos”, que vulnera a Directiva Comunitaria sobre residuos da minaría. Con esta incorrecta clasificación dos residuos, Edgewater pretende evitar o cumprimento dunha serie de requisitos moi estritos no que se refire á xestión de residuos e á política de prevención de accidentes graves, entre os que se inclúe a obrigatoriedade de establecer un plan de emerxencia que prevea a evacuación da poboación no caso de que acontezan este tipo de accidentes.
.
Todas estas cuestións serán investigadas agora pola Comisión Europea, dentro do proceso que sigue para verificar o cumprimento da legalidade na declaración de impacto ambiental outorgada pola Xunta de Galicia ao proxecto mineiro de Corcoesto.
.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s