Verdegaia denuncia os desbroces iniciados no Monte de San Xurxo por poñer en perigo hábitats e especies da Rede Natura.

Asemade, os desbroces e reforestacións pretendidos non se axustan á legalidade.

Lémbranlle á Administración que a salvagarda dos hábitats e especies é prioritaria ante calquera outro interese de tipo mercantil, etc.

???????: ???????? ????? ????????????? (Erica tetralix) ? ???????????? ???? ??? "??????????? ??????".O núcleo comarcal da asociación ecoloxista Verdegaia (bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal) denunciou ante a Consellería de Medio Ambiente os desbroces iniciados a comezos do presente mes no Monte de San Xurxo (Concello de Ferrol), integrado no L.I.C “Costa Ártabra” e na Z.E.P.A. “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”, paralizados provisoriamente como consecuencia dunha denuncia veciñal.

Eses desbroces afectan principalmente a unha importante superficie de matogueira termófila costeira que, neste caso, correspóndese co hábitat denominado como Queirugais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix (considerado como hábitat prioritario), amparado pola Directiva 92/43/CEE do 21 de maio, de Conservación dos Hábitats Naturais e da Flora e Fauna Silvestres e pola Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade motivando, xunto con outros hábitats e especies, a inclusión deste monte costeiro na Rede Natura 2000.

A intensidade e extensión dos desbroces que, desde o ano 2010, se están levando a cabo no Monte de San Xurxo distan considerabelmente das labouras que tradicionalmente se víñan desenvolvendo até ben pouco, relacionadas con actividades agropecuarias, en equilibrio sempre coas especies vinculadas á matogueira. As novas actuacións que se están a desenvolver sen criterio ecolóxico algún están a producir graves alteracións nos hábitats naturais existentes ao eliminarse de xeito sistemático grande parte do mato presente, dificultando a adaptación da fauna asociada á nova situación ao tempo de ficar desprovista dos seus lugares de acubillo; sendo deste xeito máis vulnerabeis aos seus depredadores. Aliás, tralo paso da máquina desbrozadora, non se retiran os restos vexetais senón que fican estrados polo terreo ocasionando un efectomulching. Coa reiteración dos desbroces, en poucos anos podería verse modificada a estrutura vexetal actual e, como consecuencia, a desaparición paulatina dos hábitats naturais de interese comunitario presentes, principalmente a matogueira termófila; desaparición que se vería agravada pola reforestación das zonas desbrozadas, tal e como xa se fixo no ano 2010, debido ao efecto acumulativo e inhibidor dos arumes dos piñeiros sobre o chan, dificultando o rexurdimento do mato e doutra vexetación asociada. Nos desbroces tradicionais, polo contrario, retírase o mato cortado para estrar as cortes e leiras ou para a obtención de leña (este último en turnos de sete anos) permitindo, en calquera dos casos, a rexeneración do mato sen que se produza efecto mulching algún. Ademáis, a superficie desbrozada soe ser modesta, cun impacto prácticamente nulo no medio natural.

Os traballos de desbroce e de reforestación que se pretenden no Monte de San Xurxo, eliminando a matogueira termófila costeira, non se axustan á legalidade dado que vulneran a Directiva 92/43/CEE (art. 6. 2); a Lei 42/2007 do 13 de decembro (art. 5) e a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza (arts. 29. 1 e 44. 2, 4).

Ademáis, considerando que a sustitución da matogueira por monocultivos de piñeiros conleva un cambio no uso do solo, o proxecto de desbroce e de reforestación para o Monte de San Xurxo (se é que existe) debe someterse previamente a unha Avaliación de Impacto Ambiental de acordo co artigo 3 do R.D. 1/2008, do 11 de xaneiro: “1. Os proxectos públicos e privados consistentes na realizción de obras, instalación ou calquera actividade comprendida no anexo I deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta Lei”. O apartado a) do grupo 9 do debandito Anexo I especifica: “Transformacións de uso do solo que impliquen a eliminación da cuberta vexetal arbustiva, cando ditas transformacións afecten a superficies superiores a 100 Has”.

Por outra banda, non se está a informar aos comuneiros de San Xurxo que legalmente teñen dereito a unha compensación económica por renunciar a explotar o Monte Comunal de San Xurxo co obxecto de preservar os hábitats naturais e as especies de interese comunitario presentes no mesmo.

Verdegaia demanda da Consellería de Medio Ambiente o cese definitivo dos desbroces (salvo os que se viñesen facendo de xeito tradicional), así como as novas reforestacións que se teñan previstas, eliminando as efectuadas no ano 2010 dado que, ademáis de vulnerar a legalidade, reducen a superficie da matogueira termófila costeira.

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s