Nos Encontros Naturalistas de novembro contaremos coa inestimable experiencia do ornitólogo Xabi Varela en identificación de gaivotas e diferenciación de idades polas plumaxes.
Haberá unha charla no local do grupo o xoves 28 de novembro ás 20:30 h, e unha saída práctica polos arredores de Coruña posiblemente o sábado 30 de novembro (a saída concretarase o día da charla).
Xa que o aforo do local é limitado, agradecemos que confirmedes a vosa asitencia por teléfono ou mail.