Concellos da comarca de Bergantiños debaterán mocións contra a mina de Corcoesto

campaña_eu_digo_non-001A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños informa que varios concellos da Comarca van debater mocións contra a mina de ouro de Corcoesto, sumándose así aos concellos de Laxe e Vimianzo que xa aprobaron mocións contra a mesma.

Os plenos celebraranse segundo o seguinte calendario:

Carballo: luns 25 de Novembro ás 20.30 h.

Zas: luns 25 de Novembro ás 17.30 h.

A Plataforma amosa a súa satisfacción e aplaude que estes concellos tomen esta iniciativa despois do traballo levado adiante por parte da Plataforma e da veciñanza para visualizar os gravísimos e negativos impactos que tería a mina de Corcoesto para a vida de toda a comarca de Bergantiños. En consecuencia pídenlle a estes concellos que insten a prohibición das tecnoloxías mineiras con base no cianuro e que declaren a prevaleza dos usos gandeiros, agrícolas e forestais sobre os mineiros.

A Plataforma fai un chamamento á veciñanza para que asista masivamente a estes plenos, e unha vez coñecidos os termos destas mocións, a Plataforma fará unha valoración das mesmas.

Deixar un comentario