Diante do saqueo de SOGAMA, HAI ALTERNATIVAS! Foro Europeo da reciclaxe en Pontevedra

0ForoRECICLAXE-13tn

SOGAMA: Ruina económica, desastre ambiental

Feijóo vén de dar a pauta para evitar que os concellos repercutan a suba do canon do lixo: Saír de SOGAMA! Dende ADEGA animamos aos concellos a tomarlle a palabra e descobrir como no Foro “Cara unha sociedade da reciclaxe, iniciativas e experiencias” (Pontevedra 22 e 23 de novembro)

A intención do PP de subir o canon do lixo un 34% e repercutir nos concellos as perdas económicas de SOGAMA/GN Fenosa está a causar unha auténtica revolución municipal contra este novo atraco.

Dende hai anos, ADEGA vén denunciando a insustentabilidade dun modelo, o da incineración/vertido que practica SOGAMA, que ademáis de ser periogoso para a saúde e o ambiente resulta máis caro e xera menos postos de traballo que os sistemas baseados na redución, a reciclaxe e a compostaxe. Resultado: Galiza fica á cola de Europa na portentaxe de recuperación e reciclaxe dos residuos urbanos.

Agora coa crise e o machetazo ás renovábeis que perpetrou Rajoy, os ingresos de SOGAMA están en caída libre. O prezo político para lixo fixado polo PP durante anos para competir artificialmente cos sistemas alternativos baseados na compostaxe xa non é suficiente para manter os beneficios de GN-Fenosa, a outra “parte contratante” de SOGAMA.

A solución de Feijóo e Hernández: Tapar os buracos de SOGAMA con cartos públicos subindo o canon do lixo un 34%. Outra volta, é a cidadanía a que ademais de ter que aturar a contaminación de SOGAMA, vai pagar do seu peto o “lucro cesante” da eléctrica.

Outos modelos fora de SOGAMA son posibeis e moi reais dende hai anos

Na Galiza, no estado e en Europa funcionan dende hai anos modelos para xestión dos RSUs que ademáis de seren máis ecolóxicos e sustentábeis, fomentan a solidariedade e están a xerar milleiros de postos de traballo. Por que non poden facer o mesmo os concellos que hoxe fican afogados por SOGAMA?

Compartir as experiencias tanto a nivel galego como estatal e dutros paises europeos, descubrir novas maneiras de xestionar os residuos nun contexto de crise financeira, resolver dúbidas e responder ás cuestións que poidan axudarnos a mellorar modelos de xestión dos residuos son os obxectivos do Foro “Cara unha sociedade da reciclaxe, iniciativas e experiencias”.   

Dende ADEGA animamos aos concellos galegos a rebelarse contra a ditadura de SOGAMA e “desengancharse” da incineración: Pódese sair deste sistema perverso apostando por modelos descentralizados ou mancomunados que xestionen os refugallos con tecnoloxías sinxelas, baratas e ecolóxicas. Descubride como neste Foro.

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s