Sábado 23 de novembro, ¡Impidamos a consolidación de ENCE ELNOSA en Lourizán

ence-elnosaNon fixo falta moito tempo para comprobar a verdadeira posición do PP e a Xunta de Galicia ao respecto da permanencia do complexo ENCE-ELNOSA na Ría de Pontevedra; tal e como tiñamos adiantado xa na PLATAFORMA-2018, o PP falaba coa boca pequena cando afirmaba que ía impedir a permanencia do complexo en Lourizán máis alá do ano 2018. Con efecto, o acordo asinado o pasado 30 de outubro entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e os directivos de ELNOSA confirma esta posición de submisión do goberno galego aos intereses da empresa electroquímica e unha ofensa que a cidadanía da comarca de Pontevedra non pode permitir. A permanencia de ELNOSA na Ría mais alá do 7 de xaneiro do 2014 (data fixada pola Xunta do PP na AAI para o cese definitivo e irrevogábel da actividade industrial) non só vai supoñer o medre da contaminación por metais pesados das augas da Ría e dos recursos marisqueiros, senón tamén a comisión dun posíbel delito de prevaricación por parte dos responsábeis da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pero, ademais, todo fai pensar que esta prórroga gratuíta de 3 anos á fábrica de cloro non é máis que o primeiro paso para decretar a súa consolidación definitiva en Lourizán; de non impedilo, o PP aplicará no seu día a nova Lei de Costas e concederá a ELNOSA e a ENCE unha prórroga de ata 75 anos que impediría definitivamente a recuperación do dominio público e o saneamento e recuperación da nosa Ría para a explotación da pesca de baixura e o marisqueo. Daquela, verase danada mortalmente a calidade de vida e a economía da comarca, e a perda dos postos de traballo da Ría será irreversíbel.

Por iso desde a PLATAFORMA-2018, que nace na Ría de Pontevedra co obxectivo de impedir que ENCE e ELNOSA podan seguir en Lourizán máis alá do 2018 e que neste momento alberga a un total de 32 colectivos sociais, entendemos absolutamente necesario impedir decisións da administración que –como a que hoxe nos ocupa- conducen á consolidación do complexo. Neste sentido e como primeira reacción fronte a esta decisión da Xunta, que consideramos inxusta e contraria aos intereses da maioría social na comarca, temos decidido convocar unha MANIFESTACIÓN CONTRA CALQUERA PRÓRROGA A ENCE E ELNOSA para o SÁBADO DÍA 23 DE NOVEMBRO en Pontevedra, e chamamos xa a toda a cidadanía a apoiar decididamente esta primeira acción de resposta fronte á imposición caciquil que ignora os dereitos da maioría social e impide o desenvolvemento racional da economía e a creación de emprego.

Xa por último, facemos un chamamento a todos aqueles colectivos sociais que teñan o seu ámbito de actuación nalgún dos Concellos que conforman a Ría de Pontevedra a formalizar a súa entrada na Plataforma-2018, que aspira a ser un referente no traballo contra a consolidación do complexo ENCE-ELNOSA na nosa Ría.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s