Exposición das obras participantes no certame de debuxo Hábitat

cartaz_expo

Comprácenos anunciar que xa se pode visitar a exposición de todas as obras presentadas ao I Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, organizado polo G. N. Hábitat en colaboración con Emalcsa.

A exposición está ubicada na planta baixa da Casa da Auga (rúa Manuel Murguía s/n, A Coruña), e o horario de visitas é: luns a venres de 7:30 a 23 h; sábados de 9:30 a 22 h; e domingos e festivos 9:30 a 21 h. Permanecerá aberta ao público ata o luns 16 de decembro, inclusive, data na que terá lugar a entrega de premios ás 20 h.

En total, participaron 88 artistas (54 menores de idade e 34 adultos) cun total de 165 debuxos (88 de menores de idade e 77 de adultos). Para coñecer máis detalles sobre os participantes, preme AQUÍ.

En canto aos premiados, elixiuse un debuxo como gañador en cada unha das categorías de especies (17 en total). Deles, os 12 mellores foron escollidos para ilustrar o calendario 2014 do G.N. Hábitat, e os tres mellores levarán premios en metálico de 150, 100 e 50 euros respectivamente. Ademais, o xurado decidiu outorgar dúas mencións especiais e un recoñecemento á calidade artística. Todos os datos dos premios e premiados están dispoñibles AQUÍ.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s