Sentenza do Prestige: Sorprendente, pero non tanto

Quizais sorprenda a sentenza do Prestige, polo evidente das consecuencias visibles e polas perdas económicas, pero unha mala lexislación ambiental e unhas Administracións pouco ou nada sensibles ou concienciadas nestes temas, fan que os delitos ambientais sexan algo despreciable ou incluso sexan un atranco para un partidario progreso.

NMberro

Despois de ver a sentenza, podemos concluír que o Prestige foi un mal soño, un pesadelo, aínda que na práctica é algo que pode acontecer cada día nas nosas costas, sexa por un temporal, unha inundación ou avaría nun barco ou calquera outro desastre natural. Ou peor, parece que o Prestige fose algo virtual que non existiu ou a inventiva duns ecoloxistas, intelectuais ou títeres que crearon unha historia para facer mal a uns poucos.

Pero na práctica, pese aos políticos que cando falan parece que nos din o que debemos pensar, o Prestige foi unha desfeita. A maioría das praias estaban emporcadas, pese que nos mandaban pensar que estaban “esplendorosas”, que non existían verquidos, cando o mar xa estaba negro, números desproporcionados de individuos de animais mortos, cando querían e queren facer crer que eran catro berberechos. Pouco a pouco foise deseñando un mundo e un planeta idílico, un paraiso do Edén.

Agora ven unha sentenza, que para aqueles que queren impoñer unha idea pola forza de repetir e que non deixan discrepar, é a confirmación de que todo foi un falso soño. Pero a verdade é que a senteza é a aplicación dunhas leis, tanto autonómicas como Estatais, nas que a defensa do Ambiente é cero, e é un mero exercicio de apariencias e boa pose. O Prestige representa un exemplo do que acontece día a día. Cantas novas hai a miúdo de verquidos continuos en ríos que quedan impunes, ou obras ilegais, lumes, malas prácticas na mineiría, nas infraestructuras, na industria, etc e non pasa nada? A lexislación vixente en materia medioambiental é unha lexislación tercermundista pois non lexisla nada, ou incluso medieval, pois execútase segundo conveña (na parte administrativa).

É normal que as Administracións non teñan responsabilidades, pois vimos dunhas épocas oscuras onde era así, e queda moita mentalidade deses tempos. A Administración ten impunidade para destruir espazos naturais, hábitats e/ou especies, baixo unha irreal xustificación do BEN COMÚN. Un ben común que non é toda a sociedade, só para algúns que acostuman ser unha minoría.

A decisión de facer o que se fixo co barco está ben, porque o fixo a Administración e por iso está ben (léase onde pon Administración, político de turno), non importa que atravese unha das maiores autovías de migración de aves e mamíferos mariños, provocando miles e miles de animais mortos, provocando a case a desaparición de peixes e especies de moluscos ou crustáceos (comerciais ou non). ¡Non foi con mala intención!, pero condénase a xente, incluso se mete na cárcere por cousas que non teñen mala intención ou que resultou mal.

Finalmente, desde a FEG queremos indicar que se fala de que a sentenza crea un precedente mais non é verdade, pois xustifica algo que acontece moi habitualmente. Para o Medio Ambiente non hai xustiza, porque non hai Lei. Ademais, a administración nunca tivo interese en que se fixese xustiza, pois resultaría tamén culpable.

Queixámonos dunha mala lexislación protectora do Medio, pero aínda sendo así, estamos vivindo unha eliminación total das poucas que poden ser un mínimo obstáculo (exemplo da Lei de Costas, Avaliación de impacto ambiental, etc.), provocando que os realmente beneficiarios sexan os cartos especulativos. ¿Cantas casas de tipo social se farán nos terreos liberados?. ¿Cantas se adicarán para negocios que só beneficiarán a uns poucos?

En definitiva, pouco podemos esperar da xustiza, cando os lexisladores non queren facer nin ter a lexislación axeitada, pois eles mesmos entenden que a sociedade non ten dereito a gozar do medio ambiente adecuado que establece a mesma Constitución Española, non poden gozar dun entorno que sexa bo para a saúde da xente. É preferible favorecer ás grandes economías, agochando e despenalizando as actividades maliciosas para o Medio, que protexer o entorno e a saúde da sociedade.

descarga

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s