A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza 2 novas conferencias en Carballo e Laxe os días 12 e 13 de Decembro

campaña_eu_digo_non-001A Plataforma, en colaboración cos concellos de Carballo e Laxe, ten previstas as seguintes conferencias:

O 12 de Decembro ás 20 h. no Pazo da Cultura de Carballo, Carlos Taibo (profesor da Universidade Autónoma de Madrid) falará sobre ” Decrecemento, consumo e enerxía”

O 13 de Decembro ás 20.30 h. no Salón de Actos Municipais de Laxe, Emilio Menéndez (enxeñeiro de minas e profesor da UAM) e Carlos Taibo (profesor da Universidade Autónoma de Madrid) debatirán acerca de “Petróleo: Poder, Economía e Medio Ambiente”

Estas conferencias pretenden analizar a problemática derivada do proxecto de mina de Corcoesto baixo unha perspectiva diferente.

Na primeira delas (Carballo) enfróntase á clásica visión consumista das sociedades capitalistas actuais baseada na produtividade, a competitividade, o consumo desenfreado de bens carentes de utilidade obxectiva (o ouro) e o crecemento sen fin. A esta visión oponse a teoría do decrecemento, a necesidade de sermos conscientes de que os recursos deste planeta son limitados, que a este ritmo de consumo esgotaranse máis pronto do que imaxinamos (en concreto, as enerxías).

Na segunda delas (Laxe) amáis de insistir no mencionado anteriormente farase una analise das interrelacións entre o poder (político, económico, ideolóxico, entre outros) a economía e o medio ambiente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s