Paseo ilegal no río Umia

A obra de apertura de camiño levada a cabo pola Escola Obradoiro de Cambados, comeza na ponte de Barrantes, e nos primeiros metros o trazado do paseo vai sobre un camiño preexistente, pero á altura de Covas de Lobos ábrese un camiño novo abríndose paso a través da vexetación de xunqueira, en zona inundable.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Esta zona forma parte do espazo protexido do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Ons- O Grove, Tamén é unha zona ZEPA (Zona de Especial protección para aves) e tamén é zona Ramsar (Convenio internacional de protección de humidais). Ademais desta protección ambiental tamén está incluída no Dominio Público Marítimo Terrestre de Costas e previsiblemente tamén polo Dominio Público Hidráulico e Augas de Galicia.

Tendo en conta este grao de protección e de relevancia ambiental, calquera obra na zona, e máxime se o responsable é a administración pública, debe seguir os cauces legais de realización de proxecto técnico, trámite de información pública, estudo ambiental e petición de autorizacións a todas as administracións competentes (neste caso, Servicio Provincial de Costas, Dirección Xeral de Conservación da Natureza e  previsiblemente de Augas de Galicia) ademais da licenza municipal que a todo particular lle solicitarían.

Segundo os datos recadados polo CES, tras diversas conversas con responsables provinciais dos servizos de  Costas e de Conservación da Natureza, dita obra non conta coas autorizacións que se requiren.

Este tipo de actuacións irregulares no espazo protexido ou zonas costeiras do Salnés estanse producindo con moita frecuencia neste ano, pois varios exemplos dan testemuña deso: corta de árbores e ampliación de camiños en Castrelo (Cambados), apertura de camiños en San Vicente (O Grove), recheo na praia de Castelete en Vilanova e outros máis seguen sen seguir os trámites legais que se requiren.

O CES entende que o minifundismo e o alto prezo dos terreos na comarca dificultan o proceso de apropiación de terreos para obras públicas, pero este feito non debe ser a escusa para alterar e urbanizar tramos que se deben manter ou favorecer a súa conservación. Este feito vese ben reflectido en  todos os paseos fluviais e costeiros da zona onde, lonxe  de intentar retranquear minimamente o camiño para non afectar ás nosas costas e ríos, os paseos fanse pegados ou enriba do mar e dos ríos, en dominio público. Esta proximidade tan íntima afecta á vexetación, á fauna e pode provocar procesos erosivos negativos, non só para o ecosistema senón tamén  para á perdurabilidade da propia obra.

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), tras ter visitado a citada obra púxose en contacto telefónico co Servicio Provincial de Costas e o Servicio provincial da Dirección xeral de Conservación da Natureza. Costas contestou ao CES que non era obra súa pero non nos confirmaron si tiña autorización do seu departamento. Conservación da Natureza nos comunicaron que non deran o permiso e que tramitarían unha denuncia.

O CES, ante esta situación, enviou escritos ao Concello de Cambados, ao  Servizo Provincial de Costas, á DX de Conservación da Natureza e a Augas de Galicia para informar da obra, e que no caso de que non cumpra os requisitos legais paralicen a obra e replantexen a obra e o seu trazado.

ces

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s