Encontro galego de educación ambiental. Novos escenarios, novas miradas

1525769_710351885656728_1976330537_n

A Federación Ecoloxista Galega-FEG, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega de Educación Ambiental-SGEA convocan o Encontro galego de educación ambiental: novos escenarios, novas miradas, que terá lugar o 25 de xaneiro de 2014.

O encontro quere ser un espazo no que coñecer iniciativas concretas que estean a funcionar, mais tamén quere identificar novos escenarios e actores cos que establecer alianzas e impulsar novas propostas de Educación Ambiental. E que mellor maneira de traballar estas cuestións cun bo café/infusión diante…

A participación é gratuíta, aínda que require dunha inscrición previa para facilitar a organización do encontro. Ambos formularios, de inscrición e de experiencia, deben enviarse antes do 20 de xaneiro a encontro.ea@gmail.com.

Tedes toda a información na páxina www.facebook.com/EncontroGalegoEA, que se empregará como plataforma para ir actualizando a información do evento.

Mesa 1. Metodoloxías innovadoras
Proxectos e iniciativas con propostas metodolóxicas que buscan novas formas de traballar e transformar a realidade.
Mesa 2: Outra forma de organizarse
Plataformas, colectivos e iniciativas que están desenvolvendo novas formas de tomar as decisións e impulsar os seus proxectos.
Mesa 3. Novos espazos para a EA
Proxectos e iniciativas que poden constituír novos espazos de traballo para a EA polas súas temáticas ou os seus obxectivos.
Mesa 4. Estratexias de conservación do territorio
Proxectos e iniciativas ligadas á conservación do territorio onde a EA xoga ou podería xogar un papel fundamental no seu desenvolvemento.

Descarrega programa-encontro_2014

Deixar un comentario