Mobilización contra a construcción de novos pantaláns en Sanxenxo

1699_1093805

Diante da reanudación das obras dos pantaláns no porto deportivo do Náutico de Sanxenxo, unha obra que foi rexeitada tanto pola cidadanía coma polas autoridades municipais polos seus efectos negativos sobre as praias de O Barco e Panadeira e que foi denunciada nos tribunais de xustiza pola Plataforma SOS Panadeira, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) quere facer pública a súa posición ao respecto:

1.- Descoñecemos que razón pode levar a Portos de Galicia a prorrogar unha licenza de obra que, de acordo coa información recollida nos distintos medios de comunicación, tiña caducado o 31 de decembro pasado e que conta coa oposición da cidadanía e do propio Concello de Sanxenxo. En efecto, non se pode entender que desde Portos de Galicia se estea a primar o interese particular fronte ao interese xeral, socialmente máis xusto.

2.- A realización da citada obra vai repercutir negativamente no medio ambiente natural da zona, moi especialmente nas praias de O Barco e Panadeira, e na calidade de vida dos veciños e veciñas da zona que non só verán empeorar a calidade das augas polo previsíbel aumento de vertidos, senón que terán que sufrir unha nova ocupación dun espazo público, que lles pertence, para a satisfacción do interese duns poucos.

3.- Unha vez máis, como ocorre noutras zonas da Ría, a administración defende a destrución do medio ambiente e a calidade de vida da cidadanía en beneficio dunha capa social coa que, as máis das veces, comparte intereses particulares. O caso do complexo ENCE-ELNOSA, sen lugar a dúbidas o foco de contaminación máis importante da nosa Ría, é paradigmático neste sentido.

4.- Así as cousas, desde a APDR queremos expresar máis unha vez o noso absoluto apoio á “Plataforma SOS PANADEIRA” nas súas xustas reivindicacións de salvagarda do medio ambiente e do interese xeral, centradas hoxe na oposición á construción de novos pantaláns no porto. Ao tempo, esiximos a paralización cautelar das obras en tanto non haxa unha decisión xudicial ao respecto.

5.- Xa por último, facemos un chamamento á poboación da comarca para asistir o próximo sábado día 25 ás 12 horas á Concentración convocada por SOS PANADEIRA; na APDR estamos convencidos/as de que só coa mobilización da cidadanía seremos quen de conseguir recuperar a Ría para o que ten que ser a súa vocación natural: o traballo do mar, o lecer e o disfrute do conxunto da cidadanía.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s