ADENCO denuncia ante a Unión Europea as obras nas beiras do río Tea en Mondariz e Ponteareas

1-Presentación denuncia

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén denunciar ante a Unión Europea aos Gobernos do Estado Español, da Xunta de Galicia e dos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras que nos últimos tempos se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000.

Na denuncia, profundamente formulada, durante máis de corenta páxinas, á que se lle suma un anexo cos proxectos que se executaron e outro anexo fotográfico, os ecoloxistas proban que se realizaron unha serie de actuacións dentro do LIC Río Tea, con fondos europeos, que contradín os obxetivos previstos e para os que foron destinados eses fondos. Así, paradoxicamente, Europa contribúe, seguramente sen coñecelo, a destruir a Rede Natura 2000 coa financiación con
fondos comunitarios, fondos FEDER, destas obras que suman centos de miles de euros.

Adenco enumera a na súa denuncia a diferente normativa que se vulnerou, que son numerosas Directivas comunitarias, entre as que están as que protexen os hábitats que deron lugar á creación da Rede Natura 2000 e outras que protexen o Patrimonio Cultural, pois as obras, ademais de afectar ao espazo físico tamén destruiron parte do Castro da Croa en Ribadetea.

Ademais, Adenco considera que o procedemento administrativo está cheo de vicios, deficiencias e oscurantismo, coa única finalidade de confundir e esquivar a normativa de avaliación de impacto ambiental, cuestión que tamén se denuncia por vulnerar a Directiva que trata esta cuestión na Unión Europea

Por último, considérase clara á afección a hábitats protexidos dentro da Rede Natura 2000, algúns prioritarios, e a afección, evidente, a diferentes especies, animais e vexetais, algunhas en perigo de extinción e outras en clara recesión.

adenco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s