Memoria: Encontro Galego de Educación Ambiental

O 25 de xaneiro de 2014 celebrouse o Encontro galego de educación ambiental: novos escenarios, novas miradas, nas instalacións do Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de Compostela.

O encontro foi promovido pola Federación Ecoloxista Galega-FEG, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega de Educación Ambiental-SGEA, coa finalidade de reflexionar e debater sobre a situación actual da educación ambiental en Galicia, promovendo un espazo de lectura crítica atento ás novas liñas de traballo que se están a emprender.

Propuxémonos como obxectivos:

• Facer un lectura crítica da situación da educación ambiental en Galicia, para avanzar dende a mesma na visualización de alternativas de futuro.
• Coñecer e intercambiar experiencias innovadoras que estean a dar resposta a esta nova realidade
• Propoñer e artellar novos escenarios ou formas de traballo conxunto que permitan dar un novo impulso á educación ambiental en Galicia.
• Servir de punto de encontro, na liña de reforzar ou iniciar novos lazos, retomando un contacto e colaboración en certo modo adormecida.

As diferentes actividades, que combinaron dinámicas de debate e de traballo en pequeno grupo, buscaron artellar formas de acción conxunta, nun quefacer colectivo que dera resposta ás complexas realidades educativas e ambientais.

Este documento recolle as principais achegas obtidas das diferentes dinámicas de traballo e reflexión, conscientes de que non é posible recoller toda a riqueza dos debates que as orixinaron.

Na proximidade do Día Mundial da Educación Ambiental (26 de xaneiro) este foi un espazo de análise e debate ao redor do momento actual, pero tamén de encontro, celebración, ilusións e novas propostas de acción. En definitiva, un espazo no que asentar o nosos berro pola Educación Ambiental…

Manda carballo!

 

LOGO_PDF


Memorias Encontro Galego de Educación Ambiental

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s