Verdegaia apoia as reclamacións de SOS Panadeira

1699_1093805

Verdegaia súmase ás reclamacións de SOS Panadeira e dos veciños e veciñas de Sanxenxo que rexeitan totalmente o proxecto de construción dun peirao no porto deportivo Juan Carlos I que lles afecta directamente a praia dos Barcos e a praia da Panadeira. Sumámonos tamén á solicitude de petición a Portos de Galicia de anulación da concesión outorgada.

As rías, ademais de ter unha xeomorfoloxía única, unha ampla biodiversidade e ser altamente produtivas como recurso natural, son unidades físico biolóxicas funcionais, onde calquera alteración nun punto concreto repercute en maior e menor medida sobre o seu conxunto.

A colocación de novos peiraos na lámina de auga entre os xa instalados e as praias dos Barcos e da Panadeira suporá un impacto importante na calidade das augas, no ecositema da zona e no espazo de baño público. Xa no ano 2011 o Concello de Sanxenxo informou desfavorablemente ao proxecto de construción do peirao, naquela altura, o arquitecto municipal informou de que a concesión non era acorde coa ordenación existente e que incumpría o plan de utilización da lámina.

Todas estas actuacións sectoriais e irracionais, coa vista posta no curto prazo e desligadas do conxunto, que pretenden dar cabida legal como concesións a proxectos e capital de interese privado dentro do dominio público marítimo-terrestre , teñen sempre como perdedor o medio, as praias  que minguan día a día, a pesca que diminúe, a paisaxe que se deteriora e a idea de  planificación e xestión integral dos recursos é só un eslogan en boca dos partidos que nos gobernan.

Os efectos máis negativos e recoñecidos en actuacións semellantes  son a ocupación e desaparición de lámina de mar, a privatización “de facto” do mar e da súa ribeira (que sempre fixeron parte do ben común) para favorecer os intereses particulares das elites económicas, a solta de áridos e terras pola superficie do mar provocando turbidez e opacidade nas augas, modificación da biodinámica litoral a través da alteración das correntes mariñas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s