Presentada denuncia diante da Comisión Europea polo Plan Director da Rede Natura

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños  e as AA.VV. de Cereo e Valenza presentaron o pasado venres 11 de Abril unha denuncia, acompañada dun extenso informe, contra o Plan Director da Rede Natura. Esta denuncia presentada en Bruxelas e dirixida ao Secretario Xeral da Comisión  baséase nos seguintes aspectos:

1.- Infracción de 6 directivas e 4 decisións da Comunidade Europea en relación á necesaria conservación dos hábitats naturais , da flora, da fauna, o medio mariño, das aves silvestres e a agresión e non ampliación dos ligares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica.

2.- INFRACCIÓN DA DIRECTIVA 92/43/CEE e DAS DECISÓNS 2004/813/CEE, 2006/613/CE, 2013/740/UE y 2013/7356/UE EN RELACIÓN CON LA NO AMPLIACIÓN DE LUGARES DE INTERÉS COMUNITARIO ( LIC). Isto supón inclusive  o abandono da proposta da Xunta do 2011 (sometida a información pública) de ampliación dos LIC existentes e de creación de novos LIC que mesmo están moi de baixo da media estatal, o 11,7 % en Galicia e 23,1 % no Estado .

3.-  PREVALENCIA DE USOS EXTRACTIVOS SOBRE O DEBER DE PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DE LUGARES DA REDE NATURA.

A Rede Natura é o principal instrumento para a conservación da natureza na UE, cuxa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os tipos de hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda da biodiversidade ocasionado polo impacto das actividades humanas. O art. 23  contempla a exclusión de determinadas actividades na Rede Natura 2000, con todo da lectura do mesmo, despréndese que permite na práctica que calquera das zonas de maior valor ecolóxico de Galicia é susceptible de ser intervida pola industria extractiva. Dáse total liberdade de actuación ao sector mineiro dentro dos territorios protexidos e que o decreto abre as portas á legalización encuberta de decenas de explotacións que actualmente están a operar de maneira irregular.

O Decreto contempla que aínda que a Rede Natura considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades e aproveitamentos mineiros ao descuberto, con carácter excepcional poderanse autorizar novas actividades extractivas ao descuberto naquelas áreas que sexan consideradas como zonas con potencial mineiro polo Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia ou que queden incluídas nun “concello mineiro” tal como está definido na Lei 3/2008, de Ordenación da Minería de Galicia.

Conclúese que o mesmo supón a TOTAL LIBERDADE DE ACCIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRACTIVAS AO descuberto SOBRE TERRITORIOS DA REDE NATURA, POLO QUE O GRAO DE DESPROTECCIÓN DA MESMA É EVIDENTE.

O Decreto que aquí se critica está nos mínimos en termos de protección do territorio e da biodiversidade. Hai unha redución do nivel de protección para favorecer intereses especulativos. Así, como pode unha norma permitir a minería ao descuberto nun espazo da Rede Natura?.

Este plan Director fai prevalecer o interese económico sobre o ambiental. Chegando inclusive a establecer que aínda no suposto de avaliación ambiental negativa poderán autorizarse usos e actividades por “razóns imperioso de interese público de primeira orde, incluídas razóns de índole social ou económica” (art. 26).

Dende a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e as AA.VV. de Cereo e Valenzaesperamos que esta denuncia sirva para que a Comisión da C.E. actúe de xeito rápido, reestablezca a legalidade comunitaria e impida que este despropósito da Xunta de Galicia vaia adiante, poñendo en gravísimo perigo  a conservación do noso patrimonio ecolóxico- ambiental   para as vindeiras xeracións de xeito irreparábel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s