O PP aprtoba en solitario o ditame da comisión sobre a nova lei de solo

1-02014_Praia_Cedeira_01O grupo parlamentario do PP apoiou, en solitario, o seu ditame coas conclusión e propostas da Comisión Parlamentaria sobre a nova lei do solo.

A oposición votou en contra deste ditame alegando que a Comisión para analizar a reforma da lei do solo fora un paripé. Na Comisiòn de estudo sobre o borrador da nova lei do solo e para a elaboración dunha nova lei  foron invitados a participar, a petición dos distintos grupos parlamentarios , xentes dos distingos grupos agrarios, do colexio de arquitectos de Galicia, do colexio de inxeñeiros, do FEGAMP e de grupos ecoloxistas entre outros.

Estas comparecencias celebráronse entre os meses de xaneiro e febreiro, onde cada un dos grupos participantes deu a súa opinión sobre esta nova reforma da lei. Verdegaia participou na citada Comisión o 27 de febreiro onde analisou o borrador da lei e amosou o seu rexeitamento.

 Visto o resultado desta Comisión, temos que denunciar que unha vez máis o PP pretende sacar en solitario e sen o consenso do resto dos grupos políticos nin das organizacións sociais unha lei de grande transcendencia para o País

Denunciamos tamén que a Comision da lei do solo foi simplemente un lavado de cara do grupo no goberno e que se fixo caso omiso das achegas alí realizadas, sempre que non estivesen na liña do que eles defenden e pretenden. 

Unha vez máis o goberno actual  fixo o que mellor sabe facer, modificar toda aquela lexislación que non responda aos seus intereses particulares.

De saír adiante esta lei, o desastre para a nosa terra está servido.

Incluimos o posicionamento de Verdegaia sobre o borrador da lei do solo defendido ante a Comisión.

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s