Verdegaia denuncia o impacto ambiental da concentración parcelaria na parroquia malpicá de Cerqueda

Pedra_da_Arca

Pedra da Arca

A asociación ecoloxista Verdegaia ven de dirixirse á Conselleira do Medio Rural e do Mar para denunciar que o Concello de Malpica de Bergantiños pretende asfaltar varias pistas de terra da concentración parcelaria no lugar de Folgueira, parroquia de Cerqueda.

Consideramos que estas obras resultan innecesarias, ao tratarse de camiños rurais para uso agropecuario cuxo firme de zahorra resulta suficiente para dar servizo aos novos predios. O asfaltado de ditas pistas, ademais de fomentar un maior incremento do tránsito rodado por esta zona agreste, co conseguinte aumento da polución e o perturbamento da fauna silvestre , ademais de dilapidar de xeito innecesario recursos económicos que ben poderían empregarse noutros fins de índole social, tendo en conta a crise económica que vimos padecendo.

Por outra banda, tamén denunciamos a apertura de varias pistas e a delimitación de parcelas para uso particular, por parte de dita consellería, sobre unha importante braña existente no mesmo lugar, ficando a súa superficie fraccionada e minguada pola construción tanto das pistas como polos recheos que se veñen realizando neste humidal desde o inicio das obras.

Lembramos que as zonas húmidas, ademais do seu interese ecolóxico e paisaxístico, están legalmente constituídas como Dominio Público Hidráulico, onde a delimitación de parcelas para uso privado resulta incongruente.

O artigo 234 do Regulamento de Augas (R.D. 849/1986 do 11 de abril, modificado polo R.D. 606/2003, do 23 de maio) prohíbe, con carácter xeral “(…) Acumular residuos sólidos, escombros o sustancias, cualquiera que sea su naturaleza y el lugar en que se depositen, que constituyan o puedan constituir un peligro de contaminación de las aguas o de degradación de su entorno (…)” ou “(…) Efectuar acciones sobre el medio físico o biológico afecto al agua que constituyan o puedan constituir una degradación del mismo”. No artigo 279 sinálase ademais que “(…) cuando dichas obras o actividades puedan perjudicar sensiblemente la integridad de una zona húmeda se requerirá evaluación previa de su incidencia ecológica”.

Desde Verdegaia demandamos que se lle esixa ao Concello de Malpica de Bergantiños desistir nas súas pretensións de asfaltar varias pistas na parroquia de Cerqueda e, pola outra, en canto á zona húmida afectada, que se leve a cabo a reposición da legalidade mediante a supresión das pistas e dos recheos efectuados até a data, así como a posterior restauración ambiental da zona húmida.

Por último, queremos denunciar o impacto ambiental que ocasionan os proxectos de concentración parcelaria no territorio galego, ao alterar e mesmo destruír innumerables ecosistemas naturais (brañas, regatos, sistemas dunares, etc.) por medio da apertura indiscriminada de pistas, drenaxes, recheos, etc. Na maioría dos casos, estes anacrónicos e nefastos proxectos (auténticas armas de destrución masiva do territorio) só obedecen a escuros intereses caciquís e/ou partidistas que, ademais de fomentar a agricultura intensiva, no mellor dos casos, favorecen tamén a expansión urbanística no rural ao ser permisivos coa construción de vivendas unifamiliaries sen control. Por esta razón, pedimos tamén que se paralicen todos os proxectos de concentración parcelaria en tramitación ou a piques de iniciárense as obras, dado que actualmente careceren de sentido e supoñen unha enorme dilapidación económica.

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s