III Xornada de Iniciación á Ornitoloxía. 30-31 maio 2014

curso CEIDAO vindeiro venres 30 e sábado 31 de maio terá lugar a III Xornada de Iniciación á Herpetoloxía, organizada polo CEIDA e aSociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) coa colaboración de Grupo de Anelamento Píllara e Grupo Naturalista Hábitat.

É unha xornada divulgativa dirixida ao público en xeral interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, facendo especial fincapé nas aves mariñas da Comarca das Mariñas, que se atopa dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A sesión práctica terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e as actividades de campo no Encoro de Cecebre. O programa completo é:

Venres 30 maio
16.00 h. Código de boas prácticas do perfecto ornitólogo. Sergio París Gómez. Técnico ambiental, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).
16.30 h. Aproximación ao anelamento como ferramenta científica.. Alberto Monteagudo, biólogo, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).
17.30 h. Descanso
18.00 h. As aves nas Mariñas.. Onde ver aves en:
– Oleiros e Sada. Sergio París Gómez. SGO e Hábitat.
– Arteixo. Xabi Varela. SGO e Hábitat.
– A Coruña. Óscar Vázquez. SGO e Hábitat
– A Ría de Betanzos. Santi Vázquez. SGO e Hábitat.

Sábado 31 maio
9:00 h. Saída polo Encoro de Cecebre e sesión de anelamento do Programa Passer. Grupo de Anelamento Píllara.

A asistencia ten un custo de 10 €, e as prazas son limitadas.

Máis información e inscricións AQUÍ.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s