Na primavera do 2011, fronte á contaminación da auga do encoro da Baxe, o Conselleiro de Medio Ambiente presentaba o chamado ‘Plan Umia’. Agustín Hernández prometía un gasto de 22 millóns de euros en catro anos. Agora, cando xa falta menos dun ano para que remate o período comprometido, analizamos a promesa e o estado actual.
Falamos con Antonio Pena, alcalde de Cuntis do Partido Popular; Eva Villaverde, concelleira do BNG de Moraña; Fernando Pérez, de Independentes de Caldas de Reis; Serafín Escariz, da Asemblea Nacionalista de Cuntis; Fins Eirexas, ecoloxista e xeólogo de ADEGA; e con Chus Gómez, xornalista do Diario de Pontevedra.