ADENCO propón a constitución dunha mesa de traballo para a recuperación integral da conca do río Tea

1-SAR_5751Despois dos últimos ataques ao río Tea, nos Concellos de Mondariz co verquido de sosa cáustica ao cauce e en Ponteareas, achegando litros de augas residuais fecais ao espazo natural, desde o Grupo Ecoloxista ADENCO queremos manifestar o seguinte:

1.- Os ataques ao río Tea, espazo natural de importancia comunitaria e incluído polos seus excepcionais valores dentro da Rede Natura 2000, sofre desde hai anos continuos ataques, de maior ou menor relevancia. Non é, polo tanto, unha cuestión puntual. Así, os informes da UE sobre a contaminación das praias ou os controis quincenais da Consellaría de Sanidade mostran que o problema é xa crónico.

2.- Os únicos responsables de que o río Tea esté como está son os políticos e responsables das diferentes administracións. Eles son os que poden tomar as decisións oportunas para solucionar os problemas. Son eles os que deben controlar ás empresas que están ás beiras do Tea e aprobar, ou non, a realización de novos proxectos. Ademais, son eles tamén os que deben coordinarse para non duplicar proxectos e xestionar correctamente os recursos existentes.

3.- Adenco leva anos achegando á cidadanía a importancia do río Tea, a todos os niveis e dentro das posibilidades dunha asociación sen ánimo de lucro e con recursos, humanos e económicos, limitados. Así, foron, e tristemente son, constantes as denuncias por talas sen control, verquidos industriais ou fecais, construccións agresivas nas beiras, destrucción do patrimonio á beira do Tea, …

4.- Pensamos que é momento de pór sobre as mesa a posibilidade de recuperar, integralmente, a conca do Río Tea, coa constitución dunha mesa de traballo creada a tal fin. E nesta mesa de traballo teñen que estar todas as administración implicadas, concellos, Xunta e Confederación Hidrográfica Miño-Sil e poderían estar todos os colectivos sociais interesados (asociacións de veciños e veciñas, sindicatos, partidos políticos, pescadores, ecoloxistas, empresas do sector servizos, …)

5.- Adenco vén de remitirlle á Conselleira de Medio Ambiente unha carta invitándoa a coñecer, de primeira man, a situación do río Tea, pondo sobre a mesa a creación desta mesa de traballo, para planificar, con orzamento e axenda, a recuperación intregral da conca e pór, tamén, freo a novas posibles agresións ao río e ao patrimonio natural e arquitectónico ligado ao Tea, actualmente en clara regresión.

 

6.- Por último, ADENCO tamén remitiu varios escritos ás administracións implicadas, solicitando información, ademais de facer o propio no Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil para despois decidir se se persona ou non no procedemento xudicial incoado para determinar a responsabilidade do acontecido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s