ADENCO denuncia que o Concello de Ponteareas leva dez meses sen contestar aos requirimentos da Xunta en relación ao atentado da Ponte de San Roque

Atentado na Ponte de San Roque de PonteareasO Grupo Ecoloxista ADENCO estivo hai uns días no Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, para facerse coa copia íntegra do expediente polo que se denunciaron as obras sen autorización na Ponte de San Roque de Ponteareas.

Segundo o expediente, o Concello de Ponteareas leva desde o 25 de outubro de 2013 sen contestar ao requirimento realizado polo Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Neste requirimento, pedíaselle ao Concello de Ponteareas que recuperase a pedra que falta do peitoril da ponte e procedese á súa colocación, previa aprobación do correspondente proxecto. A día de hoxe, a pedra está no fondo do río e o proxecto non se remitiu, dez meses despois.

Desde ADENCO, vense de solicitar ao Concello de Ponteareas o cumprimento do requirimento, realizando o correspondente proxecto de recolocación da pedra do peitoril da ponte, despois da súa recuperación do leito do río.

Ademais, ADENCO vén de solicitarlle á Xunta a imposición dunha multa coercitiva ao alcalde do Concello de Ponteareas, de xeito persoal, de 1000,00€ ao mes mentres non cumpra o requirimento, como vía de axililizar un procedemento que parece dormir esquecido por todas as administracións implicadas.

adenco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s