O concello de Lalín aposta decididamente pola compostaxe

Crespo-CompCon estas experiencias de auto-compostaxe caseira e comunitaria pretendemos revertir a actual situación da xestión do lixo na Galiza, sobre a base de que o lixo orgánico é un valioso recurso que podemos aproveitar nos nosos fogares.

Deste xeito, tratando nos nosos fogares a materia orgánica (máis do 50% da bolsa do lixo, mesmo en zonas rurais) estaremos revertendo á terra valiosos nutrintes, evitando a emisión de gases no transporte, incineración e vertedoiro e reducindo a enorme débeda que os concellos galegos teñen con SOGAMA.

Aforro de máis de 8.000 por cada 100 vivendas participantes

Unha vivenda (4 persoas) xera arredor de 3kg de materia orgánica ao día. Ao ano isto supón 1,1 toneladas que hai que tratar no sistema público. 100 vivendas con composteiro propio (110 tonedalas de m.o. ao ano) aforrarían pois ao concello uns 8.800€ que doutro xeito habería que pagar a SOGAMA (a 80€/tn).

Alén disto, a separación en orixe milloraría xa que ao contentor verde e ao amarelo xa non iría materia orgánica, feito que neste segundo caso supón ademais unha forte penalización por residuos impropios. Colateralmente reduciríanse as frecuencias de recollida, o gasto de gasoil e mesmo o número e mantemento dos contentores.

Tamén coa compostaxe comunitaria os veciños e veciñas dun barrio, urbanización ou mesmo un lugar poderían depositar os seus refugallos nesta “illa de compostaxe”, millorando o funcionemanto de todo o sistema e dispoñendo ademais dun subministro continuo dun abono de calidade.

A colaboración cidadá e o compromiso do concello, chave para o éxito do programa

Tal e como acontceu noutros 35 concellos de todo o país cos que ADEGA leva colaborando máis de 12 anos na implantación de programas de compostaxe (máis de 2550 composteiros instalados), a implicación da cidadanía é a chave para o éxito destas experiencias.

O compromiso de separar ben os residuos e depositar a materia orgánica no seu composteiro, estará apoiada polos técnicos e técnicas de ADEGA que facilitarán o asesoramento preciso persoa a persoa e resolverán calqueira dúbida. Realizarase un seguemento de todo o proceso, incluindo analíticas e comparativas coa situación anterior para amosar que é posíbel xestionar os residuos de xeito ecolóxico e por riba, aforrar cartos.

ADEGA anima a todos oa veciños e veciñas de Goiás a facer parte desta experiencia piloto e demostrar que cando se confía na cidadanía, esta responde e colabora na resolución dos problemas ambientais. Queremos tamén dar os parabéns ao concello de Lalín pola súa valentía política e compromiso co ambiente: souberon ver que os residuos urbanos, ademais dun problema, son ante todo un recurso, e apostar pola súa correcta xestión supón un investimento que millora a calidade de vida dos seus veciños e aforra cartos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s