Encontros naturalistas 24 e 25 outubro: setas

EN_out_2014_setas

Co outono chegan as setas, que serán as protagonistas dos Encontros Naturalistas de outubro, desta volta cunha sesión doble.

O venres 24 de outubro ás 20:30 h, contaremos con Tomás Rodríguez, membro da asociación micolóxica naturalista Pan de Raposo, que impartirá unha charla no local de Hábitat (rúa Camariñas 8 baixo, A Coruña) para achegarnos ao Reino Fungi.

O sábado 25 iremos de excursión para ver no campo o aprendido na charla, e tamén para practicar fotografía con Xacobo de Toro, biólogo, profesor de bioloxía e xeoloxía e afeccionado á fotografía de natureza, gañador do terceiro premio no I Concurso de Fotografía Proyecto Mandeo.

Se che interesa asistir, manda un correo co asunto ASISTENCIA a gnhabitat@yahoo.es. Xa que o aforo é limitado (25 persoas), no caso de haber máis solicitudes que prazas, terán preferencia os socios de Hábitat e os alumnos da Escola de Naturalistas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s