O Consello da Cultura dá a razón á veciñanza e a ADEGA e considera prioritario conservar o ameneiral de Sarria

ManiSarria

Nun informe moi crítico coas administracións, o CCG considera o bosque de ribeira de ameneiros e olmos como de “conservación prioritaria” e os seus elementos “insubstituíbeis”.

O documento, asinado polos responsábeis das seccións de Ciencia, Natureza e Sociedade, Francisco Díaz-Fierros e Patrimonio (Iago Seara) deixa meridianamente claro cais son as prioridades que as administracións deberían seguir ao actuar nunha contorna con valoras naturais, paisaxísticos, patrimoniais e cidadás.

A máxima prioridade de conservación, como elemento definidor da paisaxe fluvial “indiscutíbel e insubstituíbel” é o bosque de ribeira de ameneiros e olmos, precisamente os que a CH Miño-Sil quere talar coa conivencia da Xunta e o Concello de Sarria.

Consenso e diálogo fronte a prepotencia e represión

Alén de facer referenza tamén á necesidade de preservación dos elementos patrimoniais máis senlleiros, como os restos antigos da Ponte da Ribeira, e de criticar actuacións “que non teñen ningunha relación coa prevención de enchentes”, como a substitución da actual varanda por unha de vidro “descontextualizante”, o CCG recomenda ás administracións que usen a vía do diálogo e favorezan o consenso, ofrecéndose para mediar.

A actitude da Confederación e Xunta nesta caso foi precisamente a contraria: prepotencia, escurantismo e represión, fronte a unha veciñanza que fixo o que as administracións esqueceron culposamente: cumprir a lei e protexer o noso patrimonio.

Dende ADEGA queremos dar os parabéns ao Consello da Cultura e aceitamos o seu amábel ofrecemento para mediar nunha “Conferenza de Consenso” na que Confederación Hidrográfica, Xunta, Concello deberan participar se aínda manteñen un mínimo de vergoña.

adega

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s