O Concello de Triacastela anula a licencia municipal a Cementos Cosmos

contraminate-300x279O Concello de Triacastela ven de comunicar a varios dos colectivos integrados en ContraMINAcción que interpuxeran recursos de reposición contra a polémica licenza municipal outorgada a Cementos Cosmos en dito concello no pasado día 1 de agosto, a desestimación dos mesmos por estar xa anulada dita licenza.

En dita resolución, o Concello de Triacastela desestima os recursos «pola desaparición sobrevida do obxecto do seu recurso, debido á anulación da licenza pola falta de quorum». Ou sexa, dita administración anula a licenza antes de entrar a valorar os recursos de reposición contra ela, porque o propio Concello recoñece que foi outorgada por ditado da Xunta de Goberno Local contra o seu propio regulamento, nunha sesión da mesma onde só estaban presentes a señora alcaldesa, Olga Iglesias Fontal, e o señor concelleiro Bautista Arias Pombo.

Nun concello onde todo se fai irregularmente -cando non directamente de xeito ilegal- en constantes e preocupantes chapuzas administrativas, dánse situacións tan surrealistas como esta, onde se outorga unha polémica licenza con total arbitrariedade e todo tipo de irregularidades na súa tramitación e no seu cumprimento -por exemplo, permitíndose desde o Concello que Cementos Cosmos traballe sen respectar as medidas correctoras que eles mesmos ditan e facendo caso omiso das denuncias por eses feitos-, para logo a alcaldesa pasar meses defendendo nos xornais que a licenza foi outorgada «axustándose estritamente á legalidade», e finalmente ela mesma anulala por non se axustar a nada, nen sequera ao funcionamento do seu propio goberno municipal.

Tanto o outorgamento como a anulación desta licenza municipal son totalmente irregulares e sospeitosas, polo que desde ContraMINAcción non se baixará a garda un instante e realizaranse todas aquelas accións administrativas e xurídicas que se consideren oportunas. Por agora foi solicitada a correspondente documentación ao Concello de Triacastela para estudar en detalle toda esta trapallada e actuar en consecuencia, ao tempo de vixiar que non se realicen mais actividades estando a licenza anulada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s