Solidariedade cos activistas de Greenpeace brutalmente abordados polo exército español

Comunicado conxunto dos grupos ecoloxistas

Condenamos de forma unánime e contundente a inxustificábel e cruenta agresión sufrida por activistas de Greenpeace nunha protesta pacífica contra as prospeccións petrolíferas de Repsol en Canarias

O Goberno no só pregouse aos intereses da multinacional REPSOL en contra dos/as que defendemos os intereses da maioría social e do medio ambiente, senón que agora tamen convertíuse no seu brazo represor. As principais organizacións ecoloxistas estatais amosan a súa unidade e firme condena contra os violentos sucesos ocorridos durante unha protesta pacífica, iniciada dende o barco Arctic Sunrise, para denunciar os traballos que pretende poñer en marcha REPSOL.

107658_174577

As organizacións estatais Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e WWF, xunto con ADEGA e a FEG en Galiza, perante este grave suceso, queren deixar moi claro que:

  • A protesta era pacífica, polo que non ten ningunha xustificación o uso da forza, neste caso através da Armada Española, cunha violencia que lamentabelmente acabou con dous activistas feridos/as.
  • Os activistas de Greenpeace estaban defendendo o mesmo que está pedindo a inmensa maioría da poboación canaria e do resto do Estado, como se demonstrou unha e outra vez nas repetidas e multitudinarias movilizacións de rexeitamento ás prospeccións.
  • También defendían algo tan importante e básico para a nosa supervivencia como o medio ambiente. Pero o Goberno, despois dun proceso de avaliación ambiental pragado de irregularidades para favorecer os intereses de REPSOL, outra volta, e nesta ocasión de forma moi violenta, púxose do lado desta empresa privada en contra dos intereses xerais.

Para as organizacións ecoloxistas, un Goberno que ataca de forma violenta á cidadanía máis consciente e activa cando actúa de xeito pacífico, perde a pouca lexitimidade que lle puidera quedar. Por este motivo, expresamos novamente a nosa repulsa polo acontecido e solidarizámonos cos activistas de Greenpeace, desexándolles aos/ás feridos/as unha pronta recuperación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s