Defender o ambiente non é delito

El-director-de-Greenpeace-Espa_54421030484_51351706917_600_226

O vindeiro 4 de decembro iníciase en Valencia o xuízo contra 16 membros de Greenpeace e un foto-xornalista independente. A fiscalía solicita penas de ata dous anos e 8 meses de cárcere polo “delito” de protestar pacificamente contra a intención do goberno de non pechar a central nuclear de Cofrentes (Valencia).

Esta central nuclear engade aos perigos deste tipo de instalacións numerosos problemas de seguridade, téndose declarado en varias ocasións prealertas de emerxencia. A pesar disto, o goberno, desprezando a seguridade da poboación e a ameaza que supón para o medio ambiente, resístese a pechala.

É un paradoxo que mentres moitos responsables de delitos ecolóxicos seguen poñendo en grave perigo a saúde e a vida das persoas impunemente e provocando danos graves ao medio ambiente, os movementos sociais de defensa do medio sexan criminalizados e reprimidos. Neste caso con duras penas de cárcere e coa imposición dunha multa de máis de 300.000 euros que poría en risco a continuidade económica de Greenpeace no estado español. Trátase, unha vez máis, de amedrentar a todas aquelas persoas que están dispostas a alzar a súa voz a prol do benestar social e a defensa do medio ambiente.

Desde a APDR entendemos que a defensa do medio ambiente non é delito e queremos amosar a nosa solidariedade coas compañeiras e compañeiros de Greenpeace. Así mesmo, denunciamos a complicidade e sometemento do goberno español aos intereses económicos das grandes empresas (nesta ocasión IBERDROLA GENERACION NUCLEAR, SA) teimando en manter aberta unha central altamente perigosa, e máis tendo en conta que hoxe en día a viabilidade técnica-económica e a rendibilidade social das enerxías renovables é constatable.

Mais esta actitude do goberno español ten unha explicación clara no contexto de corrupción propiciado polo “sistema de portas xiratorias” no que o sector eléctrico é un claro modelo con numerosos casos de expresidentes, exministros e altos cargos nos seus consellos de administración. En Pontevedra coñecemos moi ben estas prácticas: a trama político-empresarial do complexo ENCE-ELNOSA é un claro exemplo.

Desde a nosa asociación chamamos aos cidadáns de Pontevedra a amosar de todas as formas posibles o seu apoio ás compañeiras e compañeiros de Greenpeace e concretamente a través das redes sociais baixo o hashtag#Misión45.

apdr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s