Ecoloxistas continúan a súa loita contra a autovía a-54

Esta infraestrutura parte o LIC Serra do Careón e afecta a dúas plantas en perigo de extinción.

5949488897_ea6269b571_zUn representante da Federación Ecoloxista Galega (FEG) levará a Bruxelas a oposición deste colectivo ao trazado da autovía A-54 entre Arzúa e Palas de Rei. Esta infraestrutura afecta á área de maior valor biolóxico do LIC Serra do Careón (espazo incluído na Rede Natura 2000), con consecuencias negativas directas para dúas especies de plantas en perigo de extinción que teñen neste espazo as súas únicas poboacións en todo o mundo.

Desde o ano 2009, a FEG vén loitando contra este proxecto que, malia contar cos parabéns da Xunta de Galiza e o Ministerio de Fomento, supón unha afección negativa significativa á biodiversidade galega. O 10 e 11 de decembro, no marco dunha xornada no Parlamento Europeo, organizada pola europarlamentaria Lidia Senra, a FEG achegará a problemática desta infraestrutura ás autoridades europeas.

Entre os argumentos da FEG para opoñerse a esta infraestrutura está o de que os diferentes estudos de impacto ambiental usados para escoller o trazado definitivo da A-54 inclúen erros e imprecisións (citando, por exemplo, que na zona hai especies de plantas que na realidade non existen en Galiza) que non fan posíbel unha adecuada valoración dos impactos de cada unha das tres alternativas de trazado estudadas. Isto supón que todo o proceso de tramitación ambiental desta infraestrutura está viciado e debería ser invalidado e recomezado.

O LIC Serra do Careón é un dos poucos lugares da Península onde existen solos serpentínicos (naturalmente ricos en metais pesados) que dan lugar a unha riqueza botánica excepcional, entre a que topamos 3 especies vexetais únicas no mundo e en perigo de extinción (Armeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum e Santolina melidensis). Este LIC está sinalado no “Libro Vermello da Flora Ameazada de España” como un dos principais lugares para a conservación da biodiversidade vexetal no estado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s