Roteiros pola Torre: descubre a natureza da Coruña

foto webO Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ofrece a residentes e turistas visitas guiadas polo contorno da Torre de Hércules e Punta Herminia para coñecer mellor a biodiversidade deste espazo natural.

O contorno da Torre de Hércules ten uns valores naturais salientables, nos que normalmente non reparamos, e presenta unha boa oportunidade de achegamento á natureza sen sair da cidade. Os roteiros naturalistas pretenden dar a coñecer a biodiversidade deste espazo coruñés, sumando este atractivo a outros xa ben coñecidos polos visitantes, como o paisaxístico ou o cultural.

A actividade consiste nun traxecto circular a pé, dunhas 2 horas de duración, que terá o seu comezo na base da Torre de Hércules e percorrerá os sendeiros do cabo ata Punta Herminia. Nese percorrido, os guías explicarán aos asistentes as especies que se poden observar, os valores naturais da zona, e as ameazas ás que se ve sometida, ademais de atender ás consultas que os participantes desexen formular.

Os roteiros desenvolveranse as fins de semana en horario de mañá, en grupos reducidos de 15 persoas. A asistencia é de balde, grazas ao patrocinio do Concello da Coruña, e está aberta a todos os públicos, se ben os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.

Para participar só é necesario mandar un mail a gnhabitat@yahoo.es co asunto ROTEIROS, indicando nome, número de participantes, data e horario, e teléfono de contacto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s