Consulta a nova edición de CERNA dixital!

capa_cerna_72Máis dunha ducia de temáticas ambientais conforman este novo número de CERNA dixital que podes descargar de balde desde a súa web. Esta nova edición da revista galega sobre ecoloxía e medio ambiente editada por ADEGA recolle algunhas das loitas que están a ser máis destacadas tanto no eido ambiental como no patrimonial, onde cada vez agroma máis contestación social.

Acudimos aos expertos para coñecer cal está a ser a incidencia das grandes industrias galegas na contaminación atmosférica ou cales son os efectos do deitado de area nas praias, como resposta aos temporais do pasado inverno. Os residuos e as políticas que os xestionan seguen tendo un lugar destacado nesta revista, desta volta amosando experiencias que mudan os xeitos tradicionais e tratar co lixo. No apartado de sostibilidade, adentrámonos nos conceptos básicos da bioconstrución ou do que se coñece como “moda sostíbel”, alén de resaltar experiencias de aforro enerxético como a do alumeado público do concello de Carballo.

Non faltan os relatos dalgunhas das loitas máis activas do momento no eido ambiental e patrimonial. A defensa do río Sarria, do seu bosque de ameneiros e do territorio histórico do Camiño de Santiago ao seu paso por esta localidade foi sen dúbida unha das reivindicacións ecoloxistas máis destacábeis deste ano encabezada pola Plataforma Sarriana polo Río. Outra plataforma, a que defende o uso público do Castelo de Monterrei, tamén resume nun dos artigos desta publicación a loita contra a privatización deste BIC, auspiciada pola Xunta. No terreo cultural, un dos grandes coñecedores dos camiños que levan a Santiago, Ricardo Polín, ofrece a súa particular reflexión sobre o impacto negativo que están a ter na Cultura e na memoria histórica do país as delimitacións oficiais das vías xacobeas aprobadas polo actual goberno galego.

A avespa asiática e a Artemisa son as protagonistas da sección de Fauna e Flora, e a escribenta das Canaveiras do apartado de Especies en Perigo. O monte de Nebra, en Porto do Son,  onde se está a aplicar unha nova técnica de silvopastoreo con porco celta, impulsada por Asoporcel, será o monte sostíbel de referencia deste número.   Cerna 72 achega ademais algunhas escenas da vida dun dos fitos históricos do movemento ecoloxista e nacionalista en Galiza, Moncho Valcarce, o cura das Encrobas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s