Xa está aquí CoruñAves 2015, a VI edición da maratón ornitolóxica no Concello da Coruña organizada polo Grupo Naturalista Hábitat, co apoio do Concello da Coruña e de Foto Artús.
Esta actividade lúdica consiste en ver por equipos o maior número de especies de aves posible dentro do municipio da Coruña, utilizando material óptico (prismáticos/telescopio) e procurando empregar medios de transporte respectuosos co entorno (bus urbano, bicicleta ou a pé).
Terá lugar o sábado 31 de xaneiro, e o prazo de inscrición está aberto ata o xoves 29 de xaneiro, inclusive.
Quedarase no local de Hábitat, na rúa Camariñas 8, baixo ás 9 da mañá. O prazo para ver aves será ata as 13.30 h, momento no que haberá que presentarse no local para facer o reconto de especies e declarar o equipo gañador, que levará un pequeno agasallo. É moi importante chegar puntual, xa que un retraso supón a descalificación.
Podes consultar aquí as bases completas (PDF) e o cartaz do evento (PDF).
Deixar unha resposta