ADENCO festexa 25 anos de vida e entrega os premios Río Tea á Defensa do Medio Ambiente na Comarca

O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou este sábado, no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, 25 anos de vida a prol da conservación do Medio Ambiente na Comarca do Condado.
Entrega dos premios Ru00EDo Tea u00E1 Defensa do Medio  Ambiente  Adenco 2015
A Asociación Ecoloxista do Condado organizou un acto público de homenaxe aos seus expresidentes, recordando algúns dos momentos máis importantes destes cinco lustros de actividades, recordando que moitas das problemáticas que motivaron a constitución do colectivo aínda están pendentes de resolver.
 ,
Despois de 25 anos de vida, Adenco quere iniciar unha nova etapa, máis propositiva e menos reactiva, achegando á cidadanía novas iniciativas a prol da conservación do Medio Ambiente, difundindo, tamén, proxetos emprendedores e respetuosos para co Medio na Comarca.

I Premio Río Tea á defensa do Medio Ambiente

Adenco vén de constituír un recoñecemento público ás accións en defensa do Medio Ambiente na comarca do Condado, por colectivos ou persoas a título individual. Así, este ano Adenco recoñeceu o bo traballo realizado polos veciños e veciñas que se opuxeron á aplicación de produtos fitosanitarios nos montes da parroquia e á Plataforma SOS Xardíns de Mondariz Balneario, pola súa labor a prol do patrimonio colectivo fronte ao desevolvemento urbanístico irracional.
 ,
Por último, Adenco renovou a súa directiva e aprobou o seu plan de acción para o 2015, na súa asemblea xeral ordinaria.

Deixar un comentario