ADENCO organiza unha ruta polo Río Xabriña para dar a coñecer o patrimonio cereiro da Comarca

Ruta do XabriñaO próximo domingo 12 de abril, o Grupo Ecoloxista Adenco ten prevista a realización dunha ruta polo río Xabriña, un sendeiro de pequeno recorrido, recuperado pola Comunidade de Montes de Paraños.

A actividade dividarse en dúas partes, tendo unha primeira parte de difusión do patrimonio cereiro de Paraños, cunha visita guiada ao lugar e entrada ao Centro de Interpretación da Ceraría Tradicional (cun custo dun euro para acceder).

Difundindo o patimonio cereiro
Ás 10:00h, en Paraños, Covelo, comezará a actividade, co descubrimento do patimonio cereiro do lugar. Visitarase un lagar de cera restaurado, varias eiras de cera e descubriremos o Centro de Interpretación da Ceraría Tradicional.

Coñecendo o patrimonio natural do Xabriña
Ás 11:00h comezará a andaina, duns 20km de percorrido, de difucultade mediaalta, na súa maioría pola zona do río Xabriña, onde se poden descubrir uns trinta muíños de diferente xeitura. Tamén se poderá ver máis patrimonio físico, como petos de ánimas, pontes, outras eiras de cera e lagares, ademais de gozar da natureza en plena primavera.

A actividade é de acceso libre e gratuíto, excepto a entrada ao Centro de Interpretación, que ten un custo dun euro por persoa. Para a ruta, cada persoa levará a súa propia comida e bebida.

Solicitando a maior difusión posible, recibe un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s