A APDR amplía a reclamación diante da Certificación Forestal baixo estándares FSC de ENCE

Desde que se iniciou o proceso de certificación da xestión forestal da empresa ENCE ENERGÍA Y CELULOSA baixo os principios do FSC (Forest Stewardship Council) por parte da empresa auditora Bureau Veritas, a Asociación Pola Defensa da Ría –dentro do proceso de reclamación que a Federación Ecoloxista Galega leva adiante- tense oposto á concesión do certificado e exposto os graves incumprimentos dos principios do FSC nos que se basea esta oposición respectando os protocolos relativos ao proceso de queixa. Así mesmo, téñense transmitido con insistencia tanto a ENCE como á certificadora Bureau Veritas as razóns que fan imposible a concesión do selo de certificación de xestión forestal sostible. Lonxe de aclarar os aspectos reclamados ou de, como correspondería, suspender a certificación, Bureau Veritas pretende agora ampliar aínda máis a superficie certificada.

En primeiro lugar o proceso de concesión do selo realizouse con serias deficiencias e nunca se aportaron evidencias de cumprimento dos indicadores de certificación establecidos nos estándares españois para a certificación FSC e, a pesar de que ao longo de anos a APDR ven aportando a Bureau Veritas evidencias de incumprimento, a empresa nunca ten devolto unha resposta solvente ás mesmas. E a pesar de estar obrigado a facelo en dous meses, pasados xa varios anos, tampouco ten respostado o FSC Internacional ás queixas da APDR e a FEG.

A xestión forestal de ENCE é absolutamente insostible e incompatible cos estándares do FSC; implica a introdución de maquinaria pesada nas parcelas, a construción de densas redes de pistas, e o uso de grandes cantidades de abonos químicos, herbicidas e insecticidas, o que se traduce na desaparición de organismos animais e vexetais nas plantacións e na perda irreversible de grandes volumes de solo por erosión (recursos que son imprescindibles para as xeracións vindeiras), pero tamén a desaparición de usos e servizos ecosistémicos e sociais nas formacións forestais que xestionan. Ademais, aféctanse os recursos hídricos e imposibilítase o desenvolvemento de actividades como a apicultura, ou calquera aproveitamento do monte que non sexa o da madeira para pasta.

O resumo público de certificación, o documento no que se deben reflectir o modo de xestionar as superficies certificadas e o seu axuste aos principios e criterios do FSC, está baseado na ocultación e o engano. Bureau Veritas oculta aspectos conflitivos da xestión forestal ou mesmo mente cando se detectan fenómenos de degradación indicando que non se producen en parcelas certificadas. E agora, sen ter demostrado que se cumpren os indicadores do sistema e baseándose na ocultación das deficiencias e no engano, ENCE e Bureau Veritas pretenden ampliar de forma importante a superficie certificada.

Á vista desta situación, a APDR quere denunciar a certificación fraudulenta baixo estándares FSC de ENCE e advertir ao consumidor do fraude que se comete cos produtos con selo FSC, un fraude que está a darse en plantacións certificadas en todo o mundo e que vén sendo denunciado por organizacións de defensa ambiental. Lonxe de supoñer unha xestión forestal sostible, o selo FSC ampara hoxe xestións como a que realiza ENCE, que favorece a destrución de solos e biodiversidade e impide o desenvolvemento da diversidade de usos e servizos forestais que os nosos montes deben aportar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s