O próximo sábado 30 de maio o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) organiza unha acividae aberta que consistirá en realizar unha ruta polas lagoas de Vilalonga descubrindo os segredos das libélulas.
Da man dun dos socios do CES que mellor coñece o espazo protexido do Umia-O Grobe, Emilio Martínez, coñeceremos as especies de libélulas que sobrevoan as nosas lagoas e regatos.
Ademais de coñecelas, poderemos averiguar moitas das súas costumes e comportamentos e así descubrir os seus segredos: como buscan alimento, onde crían, como é o se ciclo vital…
Faremos unha ruta por varias das lagoas de Vilalonga, polo que é preciso levar unha gorra, calzado e roupa adecuada para camiñar.
A cita é as 9:30 na igrexa da parroquia de Adina (Sanxenxo) e remataremos a iso das 14h. É unha actividade de balde e aberta a todos os que queiran participar, e non é preciso apuntarse previamente.
Deixar unha resposta