A APDR participou en levar ao parlamento europeo o debate sobre electrosensibilidade e a contaminación electromagnética nas escolas

ondaselectromagneticasA APDR, coordinación galega da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) e Electrosensibles polo dereito á saúde, con motivo da conmemoración do día contra a contaminación electromagnética, coorganizou unha xornada o venres 26 de xuño na oficina do Parlamento europeo en Madrid co título de Cara a un recoñecemento integral da electrohipersensibilidade en Europa? A escola canteira de electrosensíbeis?

Para abordar esta problemática de contaminación ambiental contou con representantes do ámbito científico e investigador como Ceferino Maestu Iturbe (un das máis de 200 científicos especialistas en campos electromagnéticos asinantes do chamamento de alerta á ONU e á OMS para tomar medidas contra a contaminación electromagnética), do ámbito institucional como Bernardo Hernández Bataller (relator do dictame sobre hipersensibilidade electromagnética aprobado na sección especializada TEN do Comité Económico e Social o 7 de xaneiro de 2015) e David Gee (Conselleiro Senior da Axencia Europea de Medio Ambiente que participou no Informe BioInitiative -2007 e 2012- e na publicación de AEMA “Leccións tardías de alertas temperás”), europarlamentarias/os como Michèl Rivasi (vicepresidenta do grupo Os Verdes/ALE), Florent Marcelli (responsábel europeo de EQUO) e Ángela Vallina do grupo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (co apoio expreso de Mariña Albiol e Lidia Senra), e do ámbito social como Minerva Palomar (presidenta de Electrosensibles polo dereito á saúde) e Asunción Laso (expresidenta de AVAATE).

Esta xornada subliñou:

– O último chamamento internacional de científicos expertos en campos electromagnéticos realizado á OMS e á ONU alertando o aumento exponencial da exposición a dispositivos sen fíos para afrontar a súa problemática de saúde e medioambiental.
– Un dictame proteccionista sobre hipersensibilidade electromagnética aprobado o 7 de xaneiro de 2015 na Sección TEN do Comité Económico e Social Europeo -CESE- que esbozaba as reivindicacións básicas das persoas electrosensíbeis (Recoñecemento da Discapacidade Funcional e Enfermidade Ambiental, zonas brancas, …) e as medidas básicas de protección á poboación xeral e aos sectores máis vulnerábeis (como evitar o Wi-Fi na escola). A súa non aprobación en Pleno trouxo denuncias por conflito de intereses ante a Defensora do Pobo Europeo, a cal xa abriu unha investigación.
– As chamadas de alerta, especialmente á poboación infanto-xuvenil, ante o crecemento exponencial á exposición a campos electromagnéticos artificiais realizadas desde institucións como o Parlamento europeo (2008, 2009), a Axencia Europea do Medio Ambiente (2007, 2009, 2011, 2013) e a Asemblea parlamentaria do Consello de Europa (Resolución 1815/2011).
– O debate aberto sobre a vulnerabilidade e desprotección infanto-xuvenil ante o despregue de tecnoloxías sen fíos no ámbito educativo, na liña de escolas libres de contaminación electromagnética como antes xa o foron declaradas libres do fume do tabaco e do comesto lixo.

As organizacións que convocan agraden a presenza neste acto de responsables de asociacións de consumidores (Facua de Castela e León, a confederación de consumidores e usuarios e a confederación española de organizacións de amas de casa, consumidores e usuarios), de ecoloxistas como a Confederación de Ecoloxistas en Acción, de afectados por enfermidades ambientais como a Asociación de afectados pola Síndrome de Fatiga Crónica SFC e pola Síndrome de Sensibilidade Química Múltiple SQM da Comunidade de Madrid, así como aos distintos responsables institucionais nos ámbitos de saúde e medioambiental, deputadas/os, concelleiras/os, defensores do paciente e do universitario, etc. Así mesmo agradecemos o soporte organizativo das asociacións veciñais participantes e a presenza de numerosas persoas electrosensíbeis e con outras enfermidades ambientais que fixeron o esforzo de estar presentes no acto malia ditas limitacións ambientais.

Desde a xunta directiva da APDR e o grupo de coordinación da PECCEM

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s