Crónica do roteiro polo río Baa contra o esquecemento

Roteiro_Baa_esquecemento-11O pasado sábado 4 de xullo a asociación ecoloxista ADEGA xunto coa Asociación de veciñanza de Limodre, a plataforma de defensa dos camiños de Laraxe, a plataforma de afectados do polígono de Vilar do Colo, a SGHN e verdegaia organizamos unha andaina para denunciar a presenza de uns refugallos contaminantes (áridos) en uns terreos non aptos para elo.

Tras 20 minutos de camiñar chegamos a parcela onde están depositados os asfálticos (áridos) onde o biólogo e membro de ADEGA, Xandro alertou sobre os perigos destes nas especies animais e nos seres humanos e as súas posibles consecuencias para o medioambiente de almacenar estes refugallos á intemperie, tal e como levan nesa parcela 6 anos. Sábese que en moitas especies os alfaltos poden provocan malformacións entre outros problemas. AETNA en colaboración con ADEGA mediante o proxecto rios comprobou no rio Baa, que as especies mais sensíbels, estaban a desaparecer por culpa destes refugallos. Cesar membro de Bétula contounos que estes refugallos chegaron de Holanda sendo a empresa Mamer, a que os comercializou a prezos por debaixo dos áridos do país o que fixo que fora denunciada por outra empresa por competencia desleal, conseguindo paralizar a venta .Desde entón, quedaron depositados nestes terreos rústicos non aptos para o seu depósito, a pesar dunha sentencia o tribunal superior de xustiza que ditaminou que foran retirados pola empresa ou subsidiariamente pola Xunta de Galiza, se a empresa non os retiraba.

Saímos as 10:45 h da maña da gasolineira de Vilar do Colo, con moita enerxía e folgos, collendo o camiño inglés. Un camiño inglés desviado co fin de que os peregrinos vaian por outro trazado para así conseguir dous o tres parcelas máis para o polígono chegando a tal extremo, que o concello de Cabanas botou montóns de terra e area para dificultar o paso, eso si, aos eurodiputados da comisión europea que viñeron fai un tempo se lles levou polo camiño verdadeiro.

Tras 20 minutos de camiñar chegamos a parcela onde están depositados os asfálticos (áridos) onde o biólogo e membro de ADEGA, Xandro alertou sobre os perigos destes nas especies animais e nos seres humanos e as súas posibles consecuencias para o medioambiente de almacenar estes refugallos á intemperie, tal e como levan nesa parcela 6 anos. Sábese que en moitas especies os alfaltos poden provocan malformacións entre outros problemas. AETNA en colaboración con ADEGA mediante o proxecto rios comprobou no rio Baa, que as especies mais sensíbels, estaban a desaparecer por culpa destes refugallos. Cesar membro de Bétula contounos que estes refugallos chegaron de Holanda sendo a empresa Mamer, a que os comercializou a prezos por debaixo dos áridos do país o que fixo que fora denunciada por outra empresa por competencia desleal, conseguindo paralizar a venta .Desde entón, quedaron depositados nestes terreos rústicos non aptos para o seu depósito, a pesar dunha sentencia o tribunal superior de xustiza que ditaminou que foran retirados pola empresa ou subsidiariamente pola Xunta de Galiza, se a empresa non os retiraba.

Despois das explicacións de Xandro e Cesar chegamos a un regato onde en seus tempos era un bebedeiro para o gando tras o cal, seguimos o camiño para o marco de San Lourenzo onde varias persoas do grupo, contaron as lendas que sobre este marco circulan no imaxinario popular. De seguido continuamos o camiño para o Castro de Prismos pertenecente ao concello de Fene. Un castro moi ben conservado o cal está catalogado, sendo esta zona un lugar con numerosos castros, como o castro de escadas entre outros

A continuación chegamos ao muíño de Solís o cal, é o primer muíño do río Baa. Este muíño no seu tempo daba servizo a toda a zona. Aquí o grupo fixo un “ritual ao esquecemento” como fixera aquel xeneral romano Décimus Junius Brutus na Limia onde as súas tropas negaban se a cruzar o rio pensando que si o cruzaban perderían a memoria co cal, o xeneral cruzou o río e desde a outra beira chamou un a un aos seus soldados comprobando estes que non perdera a memoria. Cesar facendo do xeneral chamounos un a un aos membros do grupo aínda que a intención era chamar as autoridades locais para que así estas, non se esqueceran do estado do rio Baa tras a construción do polígono de Vilar do Colo máis non contabamos no grupo con ningunha autoridade. Un río Baa que non so soporta a presión do polígono senón tamén ten que soportar presión, por parte de, outro tipo de construción. Continuando cos ataques a este río, Cesar mostrounos nun momento do recorrido como unha das beiras do río estaba cimentada coma consecuencia das obras do polígono (os camións ían a limpar as súas cisternas ao río) e isto produciu que as anguías ,troitas e outras especies desapareceran e aínda hoxe en día non se puideron recuperar. Despois disto o grupo partimos de novo cara lugar de comenzo da andaina, despedíndonos e quedando, pra nun futuro próximo, repetir un acto semellante reivindicando novamente que se cumpra a sentenza e se retiren os áridos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s