Crónica do III Congreso Internacional de Educación Ambiental

11403332_962429233821365_1698002822255723418_nDéronse cita máis de 500 persoas de toda a lusofonía para compartir experiencias, proxectos, metodoloxías e investigacións sobre a educación ambiental. O congreso contou con múltiples visións sobre a educación ambiental e fomentou un amplo debate promovido pola Rede Lusófona sobre o tema: “Educação Ambiental e Participação Social: travessias e encontros para os bens comuns”.

ADEGA, a través dos diferentes proxectos que desenvolve, participou activamente no III Congreso presentando iniciativas de educación ambiental dende a acción social e o ecoloxismo. Proxecto Ríos, Charcas con Vida, Proxecto Cerna, Compostaxe e a Eira da Xoana foron as iniciativas que dende ADEGA se levaron ao III Congreso, cunha elevada participación e asistencia por parte dos/as participantes, e en varios formatos como comunicacións orais, exposicións,  pósteres, eventos paralelos e mesas redondas. ADEGA implicouse tamén na coordinación do Congreso, dinamizando diferentes espazos e actividades, como saídas de campo, eventos paralelos e  obradoiros, así como aportacións ás conclusións do congreso. Ademais, levouse material divulgativo de ADEGA que estivo exposto na sede do congreso e serviu para amosar aos participantes o traballo de defensa da natureza que levamos facendo durante catro décadas. As conclusións, memorandos, cartas e manifestos do III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa estarán dispoñibles na web do congreso (http://www.ealusofono.org/) a partir do 25 de xullo de 2015.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s