Novo Tecor en Montederramo ameaza a conservación da aguia real

ADEGA vén de solicitar a denegación dunha explotación cinexética en Montederramo de 212 ha por situarse dentro da área de máxima protección da ZEC Macizo Central e afectar a unha área de cría e presenza de aguia real (Aquila chrysaëtos), considerada en perigo de extinción.

A área para a que se solictia a explotación cinexética de caza menor figura incluida co nivel máximo de protección, o “nivel 1” na zonificación da Rede Natura 2000 do Macizo Central, por ter un elevado valor ecolóxico. Alén da aguia real están presentes outras especies protexidas coma o bufo real (Bubo bubo), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a gatafornela (Circus cyaneus), a perdiz charrela (Perdix perdix subs. hispaniensis), todas consideradas vulnerábeis no catálogo Galego de Especies Ameazadas, ou o lobo (Canis lupus signatus), que inclúen dentro da súa dieta presas coma o coello, a lebre ou a perdiz rubia, obxectivos da caza.

Coellos e lebres manteñen poboacións en estado salvaxe expostas a varias enfermidades epidémicas, con índices demográficos flutuantes, moi sensibles e vulnerables a entrada de enfermidades víricas que polo xeral proceden de especímenes introducidos en repoboacións e/ou soltas, necesarias para manter a viabilidade económica das explotacións comerciais.

Estas prácticas acaban derivando en focos epidémicos e de hibridación que condicionan a viabilidade das poboacións naturais nos territorios nos que teñen lugar este tipo de manexos.

A aguia real é unha das especies máis ameazadas de Galiza, e os seus datos de censo reflicten unha situación moi preocupante. O número e a área de distribución de parellas reprodutoras reduciuse significativamente nas últimas décadas. Na Galiza habitan 3 ou 4 parellas no Macizo Central, xunto a 6 ou 7 parellas nas Serras Orientais de Ourense, 3 ou 4 no Parque Natural do Xurés, así coma 1 ou 2 en O Courel.

Hai máis de 7 anos que está elaborado o documento técnico preliminar do Plano de recuperación da aguia real. Máis aló das actuacións puntuais de reintroducción efectuadas nos últimos anos, as numerosas recomendacións para a recuperación desta especie incuidas no documento técnico seguen sen ser postas en práctica pola falla dun marco legal -o Plano de Recuperación- que a Xunta se resiste a aprobar.

Mentres, cambios de uso nos territorios da aguia real, actividades incompatíbeis, liñas de alta tensión e coutos de caza van minguando as posibilidades de recuperar esta especie emblemática.

Mapa-Tecor-aguia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s