Presentadas no Parlamento Europeo novas preguntas de ADENCO en relación coas sendas no LIC Río Tea

No día de onte presentáronse no Parlamento Europeo dúas novas preguntas impulsadas polo Grupo Ecoloxista ADENCO en relación cos impactos provocados polas sendas realizadas no LIC Río Tea e que afectaron dramaticamente ao espazo protexido e a un castro catalogado. Concretamente, ADENCO pregunta no Parlamento Europeo nesta ocasión sobre as actuacións da Comisión e sobre os impactos ocasionados no castro da Croa. O Grupo Ecoloxista xa ten impulsado nos últimos meses varias preguntas en relación con esta cuestión que tamén foron, como nesta ocasión, presentadas pola europarlamentaria Lidia Senra.

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten denunciado en distintos órganos administrativos as obras que se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000. Nas denuncias presentadas polos ecoloxistas próbase que se realizaron unha serie de actuacións dentro do LIC Río Tea, con fondos europeos, que contradín os obxectivos previstos e para os que foron destinados eses fondos. Así, paradoxicamente, Europa contribúe, seguramente sen coñecelo, a destruír a Rede Natura 2000 e elementos patrimoniais con fondos comunitarios, fondos FEDER, destas obras que suman centos de miles de euros.

O Grupo Ecoloxista tamén ten denunciado os impactos ocasionados nos elementos patrimoniais das sendas, nomeadamente a destrución de parte do ben arqueolóxico inventariado denominado castro da Croa, que ten experimentado graves afeccións nun dos seus parapetos e na área de protección integral do ben patrimonial.

Desde ADENCO considérase clara á afección das sendas a hábitats protexidos dentro da Rede Natura 2000, algúns prioritarios, e a afección, evidente, a diferentes especies, animais e vexetais, algunhas en perigo de extinción e outras en clara recesión. Neste senso, as enormes cantidades de xabre que se teñen vertido ao río e o conseguinte, absurdo e inasumible, gasto económico derivado do parcheo dos treitos da senda destruídos constitúen outra das irracionalidades deste proxecto.

ADENCO continuará reclamando a depuración de responsabilidades e a recuperación da ribeira e dos hábitats e especies danadas polas sendas no Lugar de Importancia Comunitaria río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s