Traballadores de ENCE agreden a un membro da APDR

Na madrugada do pasado mércores, cando viñan de colocar bandeirolas da campaña conxunta “ENCE FÓRA DA RÍA PARA SEMPRE” participada por varias institucións (Deputación Provincial e Concellos de Pontevedra, Poio, Bueu e Vilaboa) e numerosos partidos e colectivos sociais da comarca, un grupo de membros da APDR observaron como unhas persoas rachaban os carteis que a Asociación tiña colocado días antes nas farolas da rúa Benito Corbal, recriminándolle a súa actitude.

A resposta destas persoas –que se identificaron como traballadores de ENCE- foi a de persistir na súa actitude antidemocrática e agresiva proferindo insultos aos membros da APDR, que insistían no dereito á libre expresión e argumentaban na necesidade de respectar os carteis como facemos nós cos do Comité de empresa de ELNOSA. Lonxe de entrar en razón, estas persoas aumentaron o grado de agresividade cara aos membros da APDR chegando unha delas a propinar golpes e empurróns a un dos nosos compañeiros, que –como consecuencia dos golpes- caeu ao chan producíndose pequenas erupcións nas mans e nos xeonllos.

A APDR quere denunciar a actitude dos traballadores de ENCE e ELNOSA que co uso da forza bruta fronte á forza da razón perden toda lexitimidade na defensa dos seus postos de traballo; pero tamén a da empresa pasteira de Lourizán que, ao tempo que amosa unha cara amábel coa súa mentireira e edulcorada propaganda, anima a agresividade dos seus traballadores cara a aquelas persoas que –de forma pacífica e lexítima- expresamos as nosas ideas contrarias á permanencia de ENCE e ELNOSA na Ría e loitamos pola recuperación do noso medio en beneficio da cidadanía e das persoas que teñen na explotación racional dos recursos o seu medio de vida. Debemos lembrar, ademais, que este non é un episodio aillado, que non hai demasiado tempo se teñen producido ameazas intolerábeis dos traballadores de ENCE-ELNOSA ao Alcalde de Poio nun Pleno do Concello e que as ameazas a aqueles cargos públicos contrarios á permanencia de ENCE na Ría son continuas.

Unha vez máis, ENCE deixa ver que só entende a linguaxe da chantaxe, da agresividade e da ameaza aos que non pensamos coma eles, un xeito de actuar que a descualifica diante da cidadanía e co que pretenden amedrentarnos. Neste sentido, desde a APDR queremos deixar ben claro que nin as ameazas nin as agresións van conseguir que deixemos de loitar polo noso dereito a recuperar a Ría para o seu uso público e pola desaparición do complexo ENCE-ELNOSA da nosa Ría e pola recuperación da nosa calidade de vida e da economía da comarca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s