Un estudo sobre grandes incendios forestais cuestiona o modelo ENCE

Incendio_forestal_en_Teo_-_09Dende a APDR constatamos que a recente presentación do Informe de Ecologistas en Acción sobre a relación do tipo de vexetación e os grandes incendios forestais (máis de 500 hectáreas de superficie de afección) entre 2012-2014 no estado español, desminte de novo os argumentos cos que ENCE pretende xustificar a súa xestión forestal baseada no monocultivo do eucalipto e mesmo pon en evidencia a política forestal galega.

ENCE, esquecendo que o Eucalyptus globulus é clasificado como unha especie moi inflamable todo o ano (especialmente as súas follas), asegura no seu monográfico sobre “La gestión forestal sostenible y el eucalipto” (2009), entre outras cousas, que o maior número de pistas e de cortafogos interiores nas plantacións de monocultivo de eucalipto fan deles un factor de “protección dos nosos montes fronte ao risco de incendios”. Neste sentido, o citado informe critica esta visión que ten a limpa de montes como unha solución case universal ao problema dos incendios en vez de actuar contra os factores máis obvios como “as persoas ou condutas que están detrás da produción de incendios ou as circunstancias que fan a unhas determinadas masas forestais máis vulnerábeis que outras”.
A partir de 60 casos, o informe establece a diferente vulnerabilidade aos grandes incendios:

1.- A maior vulnerabilidade encontrase nos “espazos forestais artificiais ou degradados”, que inclúe os monocultivos estendidos polo territorio galego de man de ENCE, “malia que sexan masas forestais máis intervidas, ben sexa con actuacións de limpeza ou de cortafogos”.

2.- A menor vulnerabilidade rexístrase nos “verdadeiros bosques naturais ben conservados, principalmente os poboados por especies do xénero Quercus (a aciñeira, o carballo ou a sobreira)”. A súa protección ambiental intrínseca non demanda unha intervención especial dirixida á prevención de incendios.

O estudo constata que a limpeza de montes e os cortafogos en zonas degradadas e de monocultivos non se poden considerar garantes en si mesmos de prevención dos grandes incendios.

Dende a APDR incidimos nunha alternativa chave deste estudo: “promover a naturalización masiva dos nosos montes, implantando unha política sostida no tempo de fomento das especies do xénero Quercus e frondosas autóctonas, especialmente nos espazos que foron e están sendo indebidamente repoboados” con especies alóctonas, como no caso de especies invasoras como o eucalipto.

Lembramos igualmente neste sentido, as nosas denuncias realizadas polas masivas fumigacións tóxicas de ENCE ligadas á eucaliptización (xa cuestionadas por algúns concellos como Poio) e as peticións que se fixeron dende a APDR e dende a Alianza Rural Galega en outubro á Xunta de Galicia cara a prohibir xa a plantación do eucalipto nitens en Galiza, igual que en Asturias, na liña avalada nunha recente sentenza da Audiencia Nacional.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s