Verdegaia presentou no pasado día 14 de decembro as súas alegacións ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia.
Brevemente, a nosa oposición a este documento, como en xeral á política do Goberno galego nesta materia, débese a que supedita os criterios ambientais a razóns de tipo económico, supostamente amparadas no interese xeral. Como noutros casos similares, por exemplo as concesións de proxectos mineiros, o argumento do interese xeral fórzase para xustificar que empresas multinacionais, propias ou alleas, dispoñan dos recursos naturais e do territorio, baixo formas de explotación que minimizan a creación de postos de traballo, o que obriga a inflar de xeito falso as cifras para vender politicamente este expolio.
Destrución do litoral, contaminación de augas, eliminación de sectores tradicionais como o marisqueo, perda de calidade nos alimentos e de soberanía alimentaria, son algunhas das consecuencias deste modelo ao que están tan ligados os gobernantes (baste recordar o acontecido no caso do proxecto de Touriñán).
Alegacións premendo o enderezo: verdegaia.org