Nova fraude de SOGAMA: 4 millóns de € para unha planta de compostaxe que non vai facer compost

Comparativa-AMETOSO recente anuncio por parte da Xunta-SOGAMA da licitación dunha “planta de compostaxe” por 3.940.000 euros (+ IVE) que a entidade pretende instalar ao carón do macrovertedoiro da Areosa, suscita serias dúbidas sobre a natureza e a legalidade do proxecto.

O sistema de recollida de SOGAMA non permite seleccionar separadamente en orixe a materia orgánica, xa que vai misturada co “resto” no contentor verde. Xa que logo, os eventuais residuos orgánicos a tratar nesta suposta planta serían os que chegan misturados con todo tipo de rexeites no contentor verde dende as empacadoras.

O proxecto incumpre a legalidade galega, estatal e europea

ADEGA lembra aos responsábeis da Xunta e de SOGAMA que a actual Lei de Residuos 22/2011 (Art. 2) define o compost como “emenda orgánica obtida a partir do tratamento biolóxico aerobio e termófilo de residuos biodegradábeis recollidos separadamente. Non se considerará compost o material orgánico obtido das plantas de tratamento mecánico biolóxico de residuos mesturados, que se denominará material bioestabilizado“.

Asemade, o RD 506/2013 sobre productos fertilizantes, determina que  compost é o “produto hixienizado e estabilizado, obtido mediante descomposición biolóxica aeróbica … de materiais orgánicos biodegradabeis, recollidos separadamente”.

E sobre o tratamento dos biorresiduos, a devandita Lei de Residuos é tamén moi clara (Art. 24): “As autoridades ambientais promoverán medidas para impulsar…a) A recollida separada dos biorresiduos para destinalos á compostaxe ou á dixestion anaerobia…b) a compostaxe doméstica e comunitaria, c) o tratamento de biorresiduos recollidos separadamente de xeito que se logre un alto grao de protección do medio ambiente levando a cabo instalacións específicas sen que se produza a mestura dos residuos ao longo do proceso…”

Sen recollida separada, este proxecto é unha fraude

ADEGA chama pois a atención da Xunta e de SOGAMA sobre a necesidade legal de recoller separadamente a materia orgánica do resto das fraccións, para que o produto resultante sexa considerado compost. Calquera outro sistema ou procedemento para tratar a materia orgánica dos refugallos non separada previamente, non pode denominarse compostaxe, nen o produto resultante compost.

Estamos pois perante a outra burda fraude por parte Xunta-SOGAMA: tentan dar gato por lebre facendo pasar por compostaxe o que en realidade é un proceso que terá como resultado un “bioestabilizado” que non poderá usarse como abono ou enmenda orgánica nos solos, e rematará indo a queimar ou a vertedoiro. Neste fraudulento proxecto levan gastados xa 45.000€ +IVE (asistencia técnica) e pretenden investir outros 4 milóns de € de cartos públicos.

O sistema SOGAMA baseado na incineración e o vertido incumpre a lexislación de residuos galega, estatal e europea. Por este motivo, está cuestionado perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que admitíu a trámite a denuncia dos colectivos ecoloxistas galegos. Con fraudulentos proxectos coma este a Xunta tenta camuflar as vergoñas de SOGAMA. Máis lle valería imitar as inciativas, estas sí, de auténtica compostaxe que están a desenvolver moitos concellos e organismos como a Deputación de Pontevedra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s