Todos os grupos parlamentares agás o PP apoian a campaña STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!

Os representantes de AGE, BNG, PSdG-PSOE e Grupo Mixto amosaron a súa concordancia cos puntos recollidos no manifesto da campaña. Comprometéronse a desenvolver iniciativas parlamentares que permitan por freo á expansión incontrolada do eucalipto en Galicia. Unicamente o grupo parlamentar do Partido Popular non respostou á petición dos colectivos conservacionistas para a presentación das súas propostas.

Stop-EucaliptoNa mañá do mércores 17, Fins Eirexas (ADEGA) e Roberto Hermida (AGCT), representando aos colectivos conservacionistas integrados na campaña “STOP EUCALIPTO… AVANTE CARBALLO!” reuníronse con representantes de todos os grupos políticos presentes no Parlamento galego, agás o PP, para presentarlles os cinco puntos que recolle o manifesto da campaña e cos que se pretende por freo á expansión incontrolada do eucalipto en Galicia.

Estes cinco puntos inclúen peticións como que se cumplan as limitacións que impoñen as diferentes normativas existentes á plantación de eucaliptos, a prohibición do cultivo do Eucalyptus nitens –mediante a creación dun Catálogo Galego de Especies Alóctonas Invasoras no que se inclúa esta especie- ou o fomento do cultivo de especies autóctonas e do aproveitamento multifuncional do monte.

Todas as forzas políticas consultadas amosaron a súa preocupación pola incontrolada expansión do eucalipto e a súa concordancia coas propostas recollidas no manifesto. Do mesmo xeito, amosaron o seu compromiso por plantexar iniciativas parlamentarias que permitan atallar esta problemática e a súa disposición a traballar conxuntamente con outras forzas políticas neste eido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s