Novas informacións sobre o expediente sancionador ao concello de Ponteareas polas afeccións ao Castro da Croa

Nas últimas semanas o Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido nova documentación por parte de Patrimonio en relación cos expedientes sancionadores abertos pola afección ao xacemento arqueolóxico do Castro da Croa. Concretamente, Patrimonio ten informado ao Grupo Ecoloxista ADENCO de que esta entidade decidiu a apertura do expediente sancionador ao Concello de Ponteareas pola realización dun corte do foxo do castro pola parte norte debido á construción da caixa da senda fluvial dentro do contorno de protección integral do xacemento arqueolóxico denominado Castro da Croa. Esta actuación desenvolveuse, segundo informa Patrimonio, sen contar coa autorización da Dirección Xeral do patrimonio Cultural. Patrimonio tamén ten aberto outro expediente sancionador á Comunidade de Montes de Ribadetea por afeccións ao mesmo ben patrimonial.

Desde o momento da destrución de parte do castro da Croa, a finais do ano 2013, ADENCO ten denunciado estas actuacións e realizado diferentes iniciativas para por en coñecemento das autoridades competentes as afeccións que ten padecido o elemento patrimonial, concretamente a destrución de parte dun parapeto defensivo e a retirada de xabre e terra con palas e outra maquinaria pesada dentro da área de protección integral.

Destrozo parapeto defensivo do castro

A importancia do ben patrimonial Castro da Croa

Cómpre lembrar que o Castro da Croa é un elemento patrimonial arqueolóxico de enorme interese catalogado con protección integral. Este elemento patrimonial, localizado no concello de Ponteareas na parroquia de Ribadetea, é un espectacular xacemento, non tanto polo seu recinto habitacional senón pola complexísima sucesión de parapetos e fosos cos que conta o que o converten nun elemento singular e único que debe ser conservado e protexido e que mesmo pode servir para dinamizar socioeconomicamente a contorna.

ADENCO continuará reclamando a actuación da administración competente e a asunción de responsabilidades pola destrución de parte do singular sistema defensivo do xacemento e a retirada de importantes cantidades de terra do recinto castrexo do castro da Croa a partir das obras de realización da denominada senda do río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s